No laboratorio do arqueólogo

Carlos Otero explícanos como usa a tecnoloxía para saber o que agocha o castro de Cerqueda sen escavalo

| Santiago. Manuel Gago | Seccións: Historia
Compartir:
Foto: Proxecto Croa do Castro de Cerqueda

Foto: Proxecto Croa do Castro de Cerqueda

Non é maxia, pero ás veces se lle parece. Cando Carlos Otero procesa os datos obtidos polo gradiómetro, aparece sobre a fotografía aérea da Croa do Castro de Cerqueda (Malpica), con moita nitidez, a porta orixinal desta acrópole da Idade do Ferro. Se miraramos a superficie do castro, veriamos un valado bastante moderno e sería difícil adiviñar que baixo el se agocha esa estrutura monumental. Pedímoslle ao arqueólogo Carlos Otero, responsable da prospección, que nos abrise a porta do seu ordenador e nos amosara, coas súas ferramentas de traballo, como os arqueólogos conseguen ver baixo terra.

O proxecto da Croa do castro de Cerqueda foi promovido polas asociacións veciñais da parroquia en colaboración co concello de Malpica. En 2014 realizouse unha intervención de limpeza aproveitando que o concello recibira a propiedade do xacemento arqueolóxico. A prospección xeomagnética levada a cabo este ano tiña como obxectivo analizar a potencialidade do xacemento para futuras intervencións arqueolóxicas.

Entre os achados da prospección con gradiómetro está a identificación do contorno pétreo da muralla, con posibles reforzos nalgunha área, a porta orixinal do xacemento e unha serie de "anomalías" que poderían corresponder ás cabanas circulares do interior do xacemento. Estes datos permitirían, nunha futura escavación arqueolóxica, escavar de maneira directa e precisa xusto aquelas estruturas de interese para o proxecto.

Que che parece esta nova?
120 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Achados arqueolóxicos

Ver serie completa
As testemuñas pétreas dunha revolución de feiras

As testemuñas pétreas dunha revolución de feiras

As escavacións dos chozos do Suído revelan que boa parte dos misteriosos chozos foron edificados no século XVIII

Murallas para gardar penedos

Murallas para gardar penedos

Os arqueólogos descubren unha rica cultura material no castro da Cividade (Cerdedo-Cotobade)

Vivir ao redor dun monumento

Vivir ao redor dun monumento

As intervencións nas rodas de Vilarello (A Pobra do Brollón) e Corro dos Mouros (Lugo) permiten avanzar no coñecemento destas estruturas da Idade do Bronce

Unha dona de xisto

Unha dona de xisto

A escavación da mámoa do Santo (Doade, Lalín) permite recuperar un ídolo-placa prehistórico

Uns cabalos que corrían máis alá das fronteiras

Uns cabalos que corrían máis alá das fronteiras

Unha nova investigación conclúe que moitas das representacións de animais dos petróglifos son do tempo dos castros

Andar con pés de coiro

Andar con pés de coiro

Localizan unha sorprendente colección de calzado medieval no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tecnoloxía, Idade do Ferro, Malpica, Fotografía...