Apenas rematada a intervención arqueolóxica en Proendos (Sober), os arqueólogos xa teñen novas preguntas para este xacemento romano. Para comezar, puideron verificar os datos obtidos a partir das medicións feitas con radar subterráneo e gradiómetro en xaneiro deste ano. De aquela, a tecnoloxÃa amosara que baixo a terra se agochaba toda unha densa malla de antigas estruturas nas que os arqueólogos identificaban o posible ábside dunha vila romana, estruturas agrarias, camiños ou materiais metalúrxicos. "Confirmamos que aqueles datos son correctos", sinala Francisco Alonso Toucido, arqueólogo de Tempos Arqueólogos, "e ademais puidemos determinar o nivel de conservación".
Entre os restos atopados atópanse os restos da ábsida, da que só se conserva a cimentación, ou, en mellores condicións, dun horrea,-un graneiro- ou un hipocausto (parte do sistema de calefacción do edificio). AÃnda que boa parte do material recuperado é cerámica común e terra sigillata de época tardÃa, hai algúns indicios tanto nas construcións como nalgúns dos materiais que comezan a revelar outra cousa. "A maior parte das vilas romanas coñecidas en Galicia son do século III ou IV, de época tardÃa", sinala Alonso Toucido, "pero comezamos a pensar que pode haber unha fase anterior moito máis antiga, do cambio de era". A sospeita non é menor: introducirÃa a Proendos nun grupo máis reducido de poboados romanos que poderÃan dar conta dos procesos de transformación de Gallaecia trala conquista romana. De feito, nos últimos dÃas exhumaron un gran cacharro, en boas condicións de conservación, de tradición indÃxena que poderÃa levar a ese horizonte temporal.
"E iso que aÃnda non investigamos nas zonas nas que os veciños nos indican que aparecÃan os materiais máis relevantes", sinala Alonso Toucido. A tradición oral sobre a cidade romana de Proencia está moi viva aÃnda hoxe na zona e os achados parecen confirmalo. O propio hórreo, que é o edificio da súa clase máis relevante dos localizados ata agora no noroeste peninsular, foi abandonado no século III d.C., no momento no que a posible vila estarÃa iniciando a súa vida. De atopar un importante complexo romano de época altoimperial, os achados permitirÃan comprender como o poder romano se relacionou co territorio galaico nesta zona do sur de Lugo.
Unha das teimas da intervención fora a existencia dun mosaico do que os datos radar parecÃan indicar a súa existencia. "Atopamos materiais en secundario", sinala Francisco Alonso, en referencia a que localizaron anacos dispersos que poden estar fóra da súa posición orixinal. "Son de varias cores: branco, gris, amarelo, vermello. Iso nos indica que é un mosaico de época tardÃa, de a partir do século III. Os mosaicos altoimperiais non teñen unha gama cromática máis ampla". Por agora só localizaron teselas soltas ou en pequenos grupos, pero os arqueólogos aÃnda non saben se o mosaico está desfeito ou se algo del se conserva aÃnda nas zonas sen escavar.
As administracións amosaron o interese a que as investigacións en Proendos continúen a vindeira primavera.