Entre as incógnitas que garda o castro da Cividade (San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade), hai tamén un misterio. Ramón Sobrino Lorenzo-Rúa, fillo do primeiro investigador científico da arte rupestre galega, Ramón Sobrino Buhigas, deixou por escrito dous achados singulares do castro: a aparición dun "ídolo rupestre de granito", hoxe en paradoiro descoñecido, e a existencia dunha construción "semienterrada con signos de pedras queimadas" que definiu como un "crematorio tipo Briteiros". Crematorio era unha das palabras usadas ata mediados do século XX para definir o que logo se coñecerían como 'saunas' dos castros.
"Non sabes a que se están a referir exactamente neses textos cando falan do crematorio", explica Elena Taboada, arqueóloga de Árbore Arqueoloxía e directora da campaña arqueolóxica que se está a levar a cabo neste singular castro, empoleirado nas ladeiras dun amplo e fermoso val. "Pero a xulgar polo que nos imos atopando por agora, non sería tan estraño que puideran existir estruturas monumentais dentro do xacemento". Taboada refírese a un conxunto de evidencias que revelan unha rica cultura material pero tamén unha configuración defensiva moi monumental "para un castro que ten moi pouca superficie habitable". A nova campaña no castro da Cividade está promovida polo concello de Cerdedo-Cotobade, co apoio da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra. Anteriormente fixéranse sondaxes noutra zona da croa e estudárase e limpárase o coñecido petróglifo da Pedra dos Mouros, localizado nun dos estremos do xacemento.
'Amarradoiro' localizado no interior dunha cabana do castro. Foto: Árbore Arqueoloxía
Eses achados son moi variados. "Se antes de comezar fixeras unha lista do que queres atopar, na Cividade irías chequeando todos os elementos!", bromea a arqueóloga. Entre as pezas singulares, atópase un rechamante amarradoiro, unha peza propia da plástica castrexa que se ten interpretado polos arqueólogos como un amarradoiro ou colgante, ou ben con algún tipo de representación sagrada ou ritual. "Apareceu no nivel inferior dunha cabana que fora derrubada, posiblemente de xeito intencional, cara o interior", explica Taboada. Estes amarradoiros son habituais no sur das culturas galaicas da Idade do Ferro, na área que logo os romanos crearían o Convento Bracarense. "Polo momento, e pendentes de que se nos escapara algunha memoria inédita, parece ser o amarradoiro atopado máis ao norte na Idade do Ferro galega", valora. A cabana na que foi atopado carecía de elementos que puideran definir un uso doméstico dese espazo, aínda que conservaba algo pouco frecuente: o enlucido que a revestía polo seu interior e exterior. As vellas fronteiras establecidas nos anos 80, sobre todo a partir das primeiras teses de doutoramento arqueolóxicas sobre os castros, vanse pouco a pouco derrubando, especialmente no relativo á plástica ou aos materiais de importación, conforme se escavan máis castros.
Fragmentos decorados de vasixas de almacenamento nos recheos dos socalcos do castro. Foto: Árbore Arqueoloxía
Fragmentos decorados dun posible crisol de fundición. Foto: Árbore Arqueoloxía
Cerámica grapada para pechar roturas. Foto: Árbore Arqueoloxía
O amarradoiro é só parte dunha rica cultura material que oscila entre o cotián e o decorativo. "Non atopamos trísceles coma os do castro de Avión, pero non está nada mal", di Taboada ríndose. "Temos case un catálogo completo das tipoloxías cerámicas da segunda Idade do Ferro nas Rías baixas", explica. Un fastoso elenco de fragmentos cerámicos de suntuosa decoración que son un dos grandes sinais de identidade dos castros que habitan no sur de Galicia. "Hai algún material romano, como algún plato engobado, unha moediña posiblemente romana ou pode que algunha ánfora", que amosan o contacto do castro coas primeiras fases da romanización, aínda que non está claro cando é abandonado ou a intensidade dese proceso de aculturación. "Temos pendente a consulta dalgúns materiais depositados no depósito de Pontevedra por algúns dos investigadores que visitaron o castro que poderían tamén ser romanos", explica Taboada.
Escaleiras de acceso á muralla. Foto: Árbore Arqueoloxía
Restos de rebocado nas paredes. Foto: Árbore Arqueoloxía
En todo caso, o que aparece polo momento é un rico repertorio de todo tipo de materiais cerámicos, metálicos e orgánicos. "Por algún motivo que non coñecemos, o solo deste castro favoreceu moito máis que noutros casos a conservación de todo tipo de materiais. Pode que teña unha composición menos áceda". Entre eles, pódese observar curiosas evidencias dunha práctica que chega da prehistoria á actualidade: o aproveitamento das cerámicas crebadas. "Nos recheos duns socalcos que fixeron para ir facendo habitable un castro con tanta pendente, atopamos moitos fragmentos de cerámica de grandes potes de almacenamento que aparecen case enteiros. En varios deles podemos observar as grapas de ferro que puñan para unir partes rotas da ola e aproveitalas un tempo máis", explica Elena. A maiores, os arqueólogos atoparon elementos de uso persoal, como anacos de fíbulas prendedoiros de capas- ou outros fragmentos de ferro, como clavo. Un dos obxectos máis singulares é unha especie de crisol de metais. "Sufriu grandes temperaturas que vidriaron o seu interior", sinala a arqueóloga, "pero curiosamente está decorado polo exterior. Aínda o estamos investigando". Como materiais destinados ao complexos e agresivos procesos da metalurxia, non é frecuente que se decoren este tipo de pezas. Os arqueólogos foron acompañando estas descubertas cuns sólidos pavimentos de xabre.
Vista cenital da croa do castro coas dúas sondaxes (á dereita, petróglifo da Pedra dos Mouros, sondaxe coa cabana na que apareceu o amarradoiro, á esquerda sondaxe na porta da muralla). Foto: Árbore Arqueoloxía
Por último, na intervención arqueolóxica apareceu a muralla. Os arqueólogos de Árbore comezaron a ter a certeza de que podía coincidir a entrada co acceso tradicional ao poboado, que foi empregado ata que toda a acrópole se inzou de maleza. A aparición dunha importante muralla de pedra con escaleira de acceso aínda conservada incluída- permitiulles comezar a ver o proceso construtivo da muralla, estruturado nunha especie de niveis de alturas que, ás veces, respectan elementos existentes. "Por exemplo, o gran petróglifo da Pedra dos Mouros, que define o xacemento, foi integrado na murala. Non construíron enriba del", explica Taboada, que ten a mosca detrás da orella. "O que nos chama a atención deste castro é que a súa superficie habitable é moi reducida. Foron construíndo unha especie de socalcos dunha ou dúas fiadas para poder crear espazos máis habitables, pero unha parte moi importante da croa, dentro das murallas, está ocupada por penedos", relata, "e malia iso observamos unha cultura moi rica e monumental, un foxo moi profundo tallado na rocha ou unhas defensas moi prominentes. Pensamos que este castro era algo máis, aínda que non temos claro aínda que", explica Elena Taboada. O misterioso edificio con pedras queimadas do que falaba Ramón Sobrino, visible a mediados do século XX e lembrado pola tradición de san Xurxo de Sacos, podería axudar a comprender este lugar. Non será por falta de interese dos arqueólogos, que revisan a superficie do castro e falan cos veciños á procura dalgún indicio ou pista para localizalo. Entrementres, no inventario do castro figura un fermoso conxunto de obxectos da Idade do Ferro en todo o seu esplendor.