O topónimo Fraga Raxada resume ben a paisaxe espectacular dun novo xacemento arqueolóxico descuberto na parroquia de A Cela (Lobios, Ourense). Un monte de penedos no que a tradición oral situaba unha Casa dos Mouros e no que os arqueólogos acaban de atopar un castelo e unha aldea ao seu redor datada nos séculos centrais da Idade Media. A Fraga Raxada agacha restos dun castelo medieval coñecido pero a intervención arqueolóxica revelou algo inesperado: todo un poboado que se estende aos seus pés polo medio dos labirÃnticos rochedos do outeiro, ocupando seis hectáreas de superficie. A xulgar polos achados, o conxunto foi abandonado durante a Idade Media sen que chegara ata hoxe unha traza documental.
Todo comezou cando o arqueólogo Juan Galiña, que está a preparar a súa tese sobre a evolución histórica do poboamento no val do Salas, o territorio fronteirizo entre Calvos de RandÃn (Ourense) e Montalegre (Portugal), identificou unha fortificación que podÃa ter interese para a súa investigación no outeiro coñecido como Fraga Raxada. De feito, xa figuraba no catálogo do patrimonio de Lobios, definida como 'castelo roqueiro' e con tradición oral na aldea.
A Fraga Raxada é un abrupto outeiro granÃtico que domina a parroquia da Cela. Galiña visitou o lugar en compañÃa do tamén arqueólogo Eduardo Breogán Nieto, de Breogán ArqueoloxÃa, nun dÃa de invernada. Unha tormenta de neve inesperada obrigounos a buscar refuxio e atoparon un abrigo natural. AÃnda non chegaran ao cumio no que supuñan que estarÃan os restos do castelo, pero para a súa sorpresa atoparon alà moitos fragmentos de tégula. Unha ollada máis detida levoulles a localizar unha serie de estruturas que se distinguÃan entre a tupida vexetación de xestas, nunha sorte de terraza.
As terrazas do xacemento coa serra do Xurés ao fondo. Foto: Breogán ArqueoloxÃa
"O que viamos recordounos á aldea da Pena", explica Breogán Nieto. O arqueólogo referÃase a unha pequena poboación abandonada en Calvos de RandÃn na que esta empresa arqueolóxica traballara, para a súa posta en valor, en 2022. A Pena foi un fito importante porque naquelas ruÃnas, na ladeira dun monte, documentábase unha realidade conectada a tres partes: a evidencia arqueolóxica dunha pequena aldea de montaña, a tradición oral aÃnda viva que lembraba que o lugar fora destruÃdo polos portugueses nunha escaramuza e a documentación histórica que certificaba que os feitos da lenda foran reais e aconteceran a principios do século XVI. O coñecemento que obtiveran daquel espazo habitacional abandonado relacionouse co que entrevÃan entre a xesteira da Fraga Raxada. Máis arriba, Galiña e Nieto localizaron os restos do castelo sinalados polo catálogo oficial, pero as evidencias arqueolóxicas Ãan máis aló dunha pequena fortificación.
Sondaxe na área do castelo. Foto: Breogán ArqueoloxÃa
Grazas á comunidade de montes da Cela, titular dos terreos e coa colaboración do concello de Lobios obtÃvose financiamento do GDR Limia-Arnoia para realizar unha primeira campaña de posta en valor do lugar, levada a cabo por Breogán ArqueoloxÃa. "Xa cando fixemos a limpeza de vexetación inicial decatámonos da complexidade do espazo, porque habÃa estruturas e tégula nunha gran extensión de terreo", explica Eduardo Breogán, "estruturado en terrazas e con subespazos dentro, con aliñamentos de pedras, marcas de xiros de porta, soleiras, todo tallado na rocha". O propio castelo, que se atopa na cima do outeiro, pasou da hipótese inicial dunha torre vixÃa a un recinto máis complexo, "cun patio de armas, rodeado dun recinto amurallado".
O equipo de Breogán ArqueoloxÃa centrou as sondaxes arqueolóxicas na zona da fortificación, pero estenderon a prospección a todo o outeiro de Fraga Raxada, documentando estruturas e muros nos chans e en diferentes recintos baixando as penedentas ladeiras. "Son espazos habitados, pero o que chama a atención é o grande que é. Se te metes polo outeiro adiante en plan xabarÃn ", explica Juan Galiña de xeito gráfico, "aparecen máis e máis terrazas". "Estimamos que o conxunto ocupa unhas seis hectáreas. Unha especie de aldea", completa Nieto.
Xerra medieval. Foto: Breogán ArqueoloxÃa
Un xacemento plenomedieval
Os arqueólogos aÃnda non teñen moi claro que é o que se están atopando, aÃnda que as cronoloxÃas apuntan, polo momento, a unha época moi concreta. "O gran conxunto das cerámicas é de época pleno medieval, ao redor dos séculos XI e XII", explica Nieto, "aÃnda que documentamos tamén unha pequena mostra con fragmentos posiblemente baixomedievais". O intrigante é o silencio das fontes sobre este castelo cunha posible aldea aos seus pés. Galiña, que é asesor externo do proxecto e traballa no baleirado documental sobre este espazo, anda coa mosca detrás da orella. "Na documentación non aparece nada de nada. Están todas as aldeas da contorna menos este lugar", explica. Nin a aldea nin o castelo. Nada recoñecible. "PoderÃa ser algún dos lugares mencionados no tombo de Celanova que non damos identificado", apunta un tanto escéptico. O que si desbota o investigador é a referencia da tradición oral a un mosteiro neste lugar. "Penso que se trata dunha confusión", explica, porque na mesma parroquia estaba o mosteiro de Santa MarÃa das Júnias. Hoxe en dÃa consérvanse os restos dunha ermida que tivo ao redor, no seu tempo, seis adegas.
"Agora mesmo na investigación estamos na fase de lectura das fotografÃas aéreas, os mapas topográficos, tratando de definir as principais estruturas e muros deste poboado. Algúns parecen defensivos", explica Nieto, "e logo faremos unha posta en valor in situ con paneis interpretativos. O roteiro transfronteirizo pasa ao carón do xacemento".
O outeiro de Fraga Raxada
A turbulenta historia da raia
O val do Salas e o Couto Mixto teñen unha historia conflitiva de séculos pola existencia da fronteira. Galiña está documentando lugares despoboados en todo o val. "Hai que ter en conta que moitas destas aldeas desaparecidas están moi próximas á raia", explica, "nalgúns casos, algunhas aÃnda se poden visitar como xacementos arqueolóxicos, tal que A RousÃa, no concello de Baltar, que tamén conservaban a memoria popular de que fora queimada polos portugueses". No caso da RousÃa, Galiña ten identificado con facilidade a aldea na documentación antiga.
Porén, que un xacemento da entidade da Fraga Raxada, no que se combina unha fortificación cunha aldea que está totalmente esquecida pola comunidade local, é intrigante. Galiña considera que detrás da desaparición dalgúns destes núcleos habitados están as tensións dunha fronteira que comezou a establecerse no século XII coa separación do Condado Portucalense da antiga Gallaecia baixo o liderado de Afonso Henriques. O coñecemento arqueolóxico do impacto deste conflito nas comunidades da fronteira é aÃnda unha materia pendente.
AÃnda é cedo para saber se iso aconteceu tamén na Fraga Raxada. Os materiais atopados ata o momento apuntan a ese belicoso momento central da Idade Media e ás loitas entre galegos e portugueses, pero polo momento non é posible ir máis alá ou saber cal é a relación entre a fortaleza e esa aldea que está monte abaixo, ou por que aquelas xentes escolleron para vivir un abrupto outeiro. Nese momento, o val do Salas e o resto da comarca estaba sendo ocupada por unha constelación de aldeas moito máis próximas a terras de labor. Nieto confÃa en ter máis certezas sobre a cronoloxÃa a partir da análise de restos orgánicos que obtiveron nas sondaxes e a posibles futuras campañas que estuden o poboado en si. Polo momento, a historia da Fraga Raxada xa é distinta ao que sabÃan ata agora. E o catálogo de patrimonio da Xunta tamén.