
O castro de San Vicenzo nas fotografÃas aéreas antigas (voo interministerial).
"En total escavamos uns 80 metros cadrados en tres sondaxes", explican os arqueólogos. Cando chegaron á croa observaron que aquà e acolá aparecÃan trazos de actividade furtiva. AparecÃan montonciños de pedra e nalgún caso mesmo parte da estrutura dunha cabana circular exhumada. Os arqueólogos centráronse en comprender como o furtivismo afectou ao propio xacemento, no que as estruturas arqueolóxicas parecen estar a flor de terra e as estruturas arqueolóxicas da Idade do Ferro practicamente a centÃmetros da capa de flora actual. Na primeira das sondaxes, nas que se intervÃa sobre a cabana descuberta nas escavacións ilegais, a cantidade de material atopado foi mÃnima, apenas o couzón dunha porta.


Sondaxes en estruturas afectadas polo furtivismo. Fotos: Breogán ArqueoloxÃa
O equipo tivo máis sorte na outra sondaxe, na que se decatou de que eses montóns circulares non eran tanto cabanas caÃdas como o resultado da acción de remexer e mover pedra dos furtivos. Pero debaixo atoparon "un nivel de barro, no que atopamos muÃños circulares e moita cerámica. Decorada, incisa, estampillada ou con combinacións de eses. E ollo, tamén apareceu un anaco de ánfora, posiblemente unha Halltern 70, que revela algúns contactos co mundo romano", explican os arqueólogos. As Halltern 70 son as clásicas ánforas de transporte de lÃquidos da época da final da República e o inicio de imperio, asociadas a moitos xacementos galegos da Idade do Ferro. A escaseza de materiais romanos revela que, cando menos de momento, o castro non parece ser o ‘castelo romanoÂ’, tal e como consideraban os cregos da zona en documentos do século XVIII, senón máis ben unha poboación da segunda Idade do Ferro que chega ata o cambio de era, ou sexa, entre os séculos IV e III a.C. e a conquista romana.


A porta de acceso á croa descuberta. Fotos: Breogán ArqueoloxÃa
Pero na terceira sondaxe é onde apareceu os achados máis salientables. "Intervimos sobre unha depresión da muralla, porque queriamos comprobar se era un camiño feito polos paisanos para entrar co tractor ou algo anterior", explican os arqueólogos, "e demos cunha porta de acceso á croa. Nun lateral sacamos todo o lateral da porta, mesmo co machón da porta, o batente, un corredor de entrada pavimentado. Oxalá en futuras campañas se poida escavar a outra metade".
Calquera que visite o castro de San Vicenzo fica impactado pola perspectiva en 360º que permite apreciar o montañoso interior da provincia de Ourense, entre a serra do SuÃdo e as terras do Ribeiro ao fondo. O castro cos seus parapetos, unha vez desbrozado, destaca desde boa parte do termo municipal, como un espazo central. Cal serÃa o seu rol en tempos antigos? "O coñecemento da Idade do Ferro nesta zona da provincia de Ourense é historicamente moi escaso", explican os arqueólogos. A campaña arqueolóxica en San Vicenzo de Avión permitiu comprobar que baixo os espectaculares muros hai aÃnda moitas historias por contar.
Serie
Achados arqueolóxicos
- 2025-09-10 12:17:06
Novos achados no castro de Viladonga avanzan que no interior das cabanas poderÃan gardar e sinalar con estelas os restos dos nenos falecidos
- 2025-07-21 12:38:04
Unha intervención arqueolóxica investiga as orixes dun templo altomedieval en Ponteareas
- 2025-07-15 14:10:02
A nova campaña no castro de Montes Claros desvela inxentes traballos na construción do sistema de acceso
- 2025-07-07 11:18:33
As escavacións dunha piscina no balneario de Lugo ofrecen un dos conxuntos de achados máis diversos de época romana
- 2025-06-02 14:24:26
As escavacións dos chozos do SuÃdo revelan que boa parte dos misteriosos chozos foron edificados no século XVIII
- 2025-04-02 12:43:48
A investigación da Roda do Castro (Salcedo, A Pobra do Brollón) confirma a elevada actividade metalúrxica nos castros da terra de Lemos
- 2024-12-27 14:26:06
A escavación dun sartego antropomorfo no xacemento do Preguntoiro (Pantón) confirma a práctica de rituais de fonda raÃz familiar na Alta Idade media galega
- 2024-12-12 17:01:28
A escavación no castro de Tralocastro (Ferrol) localiza posibles espazos colectivos ás portas da acrópole
- 2024-12-09 14:55:46
A nova campaña do castro do Sarridal revela a existencia dun posible 'forno comunitario' por debaixo da sauna galaica
- 2024-11-06 14:47:38
Unha escavación no castro de Pereiras exhuma un anómalo edificio de grandes dimensións
- 2024-10-10 14:22:10
A nova campaña no Castelo dos Mouros (Ons) revela a muralla do castro e os niveis máis antigos do xacemento
- 2024-09-24 09:31:51
Os arqueólogos descubren unha rica cultura material no castro da Cividade (Cerdedo-Cotobade)
- 2024-09-13 11:45:21
Estaba colocado nunha das casas do poboado
- 2024-09-13 11:17:31
A escavación do histórico castelo da Pena Corneira desvela un poboado tardorromano e outro do CalcolÃtico nas proximidades
- 2024-07-31 14:43:12
As intervencións nas rodas de Vilarello (A Pobra do Brollón) e Corro dos Mouros (Lugo) permiten avanzar no coñecemento destas estruturas da Idade do Bronce
- 2024-06-27 12:23:56
Localizan unha aldea e castelo medievais nas proximidades da aldea da Cela (Lobios)
- 2024-06-13 10:15:33
A USC escava en Mondoñedo "unha aldea dentro da aldea" na procura dos inicios da paisaxe agraria actual en época sueva
- 2024-06-11 14:45:06
A nova campaña no castro cedeirés do Sarridal amosa que foi preciso destruÃr parte do poboado para construÃr o monumento en plena Idade do Ferro
- 2024-06-04 12:13:43
Un recinto arqueolóxico en Vilar de Barrio permite identificar unha colosal fortificación da Idade do Bronce e un asentamento temporal ligado ao primeiro dominio romano da Limia
- 2024-03-07 12:44:55
Localizan no castro de Elviña indicios dunha destrución intencional
- 2024-02-16 14:32:50
A análise dun intrigante taboeiro de xogo da Idade do Ferro desvela os rituais da prehistoria
- 2023-12-26 12:59:36
Remata a primeira campaña arqueolóxica en San Vicenzo de Avión
- 2023-11-20 12:42:04
Localizan no castro dos Penedos (Salvaterra) un enigmático espazo de posible uso relixioso ao redor de dous grandes penedos
- 2023-10-20 15:28:26
A escavación da mámoa do Santo (Doade, LalÃn) permite recuperar un Ãdolo-placa prehistórico
- 2023-06-30 14:22:41
O Incipit investiga na Pobra do Brollón a actividades das sociedades da Idade do Ferro por fóra dos castros
- 2023-05-25 19:40:54
Os investigadores exhuman un edificio altomedieval de grandes dimensións no Faro de Budiño
- 2023-05-15 14:54:41
A escavación no castro de Montes Claros (A Laracha) revela un peculiar sistema hidráulico
- 2023-01-19 13:08:27
Unha nova investigación conclúe que moitas das representacións de animais dos petróglifos son do tempo dos castros
- 2022-12-01 12:16:34
Localizan unha sorprendente colección de calzado medieval no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil
- 2022-11-22 14:18:32
Remata a campaña arqueolóxica no convento pontevedrés de Santa Clara
- 2022-09-27 13:01:00
Novas análises das tumbas do castro de San Lourenzo (Cereixa, A Pobra do Brollón) revelan rituais 'paganizantes' na Galicia da Alta Idade Media
- 2022-07-27 11:05:21
Arqueólogos atopan na Pobra do Brollón o primeiro cairn da PenÃnsula Ibérica
- 2022-07-04 14:33:27
Un proxecto buscará evidencias da vida na Idade do Ferro por fóra das murallas da prehistoria
- 2022-06-23 09:47:16
Os arqueólogos botan man de todas as técnicas posibles para desvelar as orixes dunha misteriosa fortificación en Covelo
- 2022-05-19 10:36:41
As escavacións en Pombeiro revelan unha ermida abandonada en plena Idade Media
- 2022-02-01 07:45:41
Un proxecto arqueolóxico documenta a tráxica destrución dunha aldea do Couto Mixto hai cincocentos anos
- 2021-09-23 12:05:10
As datacións absolutas de Santalla de Bóveda trasladan a construción de boa parte do edificio entre os séculos VII e XI
- 2021-09-13 12:37:36
O incendio de Ribas de Sil desvela unha vista única da Roda do Castro, en Salcedo (A Pobra do Brollón)
- 2021-07-30 14:42:15
Unha escavación no castro de San Millán (Cualedro) procura verificar a existencia da primeira necrópole dun castro galego
- 2021-07-21 11:03:52
A nova campaña no castelo de Portomeiro abre novas incógnitas sobre o recinto civil mellor preservado da Alta Idade Media galega
- 2021-01-19 14:38:26
Carlos Otero explÃcanos como usa a tecnoloxÃa para saber o que agocha o castro de Cerqueda sen escavalo
- 2020-12-21 08:34:35
A campaña arqueolóxica en Castro Valente revela a envergadura dunha das maiores fortificacións de Galicia
- 2020-11-20 13:31:42
Os arqueólogos identifican en Vila de Cruces un tipo de fortificación ata agora non documentada en Galicia
- 2020-06-09 13:38:28
A escavación do castelo de Portomeiro revela novos datos sobre a Alta Idade Media galega
- 2020-01-20 10:27:28
O arqueólogo Francisco Alonso Toucido interpreta o gran complexo romano localizado en Proendos (Sober)
Hoxe na nosa edición
- 2025-09-17 12:56:49
- 2025-09-17 11:10:50
- 2025-09-17 10:56:31
- 2025-09-17 10:39:23