Durante toda a semana, un equipo de arqueólogos dirixidos por Mario Fernández Pereiro traballou durante toda unha semana nunhas condicións máis que difÃciles. A trescentos oitenta metros de altura, escavaron un pequeno sector da muralla occidental do Castro Valente (Padrón). Trátase dun dos xacementos arqueolóxicos máis enigmáticos do paÃs, que intrigou os historiadores e eruditos do século XIX e logo ficou no esquecemento. Quen construÃu esta descomunal fortaleza e por que? Despois de tres catas e unhas boas molladuras, os arqueólogos cren ter comezado a resolver o misterio. Hoxe ás 20 horas presentaranse aos veciños no Auditorio de Padrón os resultados preliminares do proxecto.
Unha visita á intervención arqueolóxica levada a cabo en Castro Valente a semana pasada permite xa decatarse de por que ese xacemento se atopa exactamente aquÃ. Tras vinte minutos de condución por pistas forestais chégase ao alto dun monte de máis de 380 metros de altura, interposto como unha cuña entre os ricos vales agrarios da Ulla e a desembocadura do rÃo na rÃa de Arousa. Todos os ventos que entran do mar encarréiranse no val do Ulla e acaban batendo, coa súa carga de chuvia, vento e frÃo, sobre o equipo arqueolóxico. Se as espesas nubes se retiraran destes altos, a vista serÃa de impresión. Desde este monte contrólase un histórico novelo de comunicacións: a ‘autoestradaÂ’ do mar que era o rÃo Ulla, co porto romano e medieval de Pontecesures xusto ao pé deste castro, e a Depresión Meridiana: o camiño natural que desde a prehistoria ata hoxe é usado para desprazarse pola Galicia occidental de norte a sur, desde Tui ata Carballo. E igual que camiñaban as persoas e os barcos, tamén o fan os ventos.
Vista do rÃo Ulla desde Castro Valente
Os arqueólogos traballan en tres pequenas sondaxes coas que queren facer unha primeira avaliación do xacemento. Atópanse no medio dunha plantación de conÃferas, con filas tan estreitas e follaxes tan espesas que os protexen parcialmente do temporal. A escasa luz que se filtra pola vexetación, o vento que corre entre as árbores e a regularidade das filas de piñeiros crean un escenario irreal, digno dun filme nórdico. Pero os arqueólogos están aquÃ, precisamente, á procura de algo que ata hai poucos anos era tamén case fantasÃa: a conexión entre o rexistro arqueolóxico galego e os feitos históricos que remexeron a Gallaecia que transita entre final do Imperio romano, o establecemento do reino suevo, a hexemonÃa visigoda e a caÃda dese reino trala invasión musulmá da penÃnsula no século VIII. E, no medio, a reorganización dos espazos de poder e da sociedade da antiga Gallaecia ao longo de varios séculos. Case nada.
Ese é precisamente o traballo de investigación do director da intervención, o arqueólogo Mario Fernández Pereiro, quen acomete o proxecto cunha bolsa de investigación da Deputación da Coruña e coa colaboración do proxecto de investigación financiado pola Xunta "Territorio e Poder Monástico na Idade Media" do profesor da USC José Carlos Sánchez Pardo. Fernández Pereiro é autor da primeira tese doutoral publicada sobre as coñecidas como ‘fortificacións en alturaÂ’. Trátase de enormes recintos defensivos ata o momento localizados sobre todo na costa galega e ata o momento grandes descoñecidos para a arqueoloxÃa galega. Con murallas monumentais que comprenden superficies de varias hectáreas con escasas estruturas no seu interior, téñense considerado como lugares de refuxio que poderÃan responder a eses tempos convulsos. Pero esa non terÃa por que ser a única resposta.
Castro Valente é un dos exemplos máis notables desas fortificacións en altura. Con 1.200 metros de perÃmetro amurallado e dez hectáreas no seu interior, multiplica por dez o tamaño medio dos castros da Idade do Ferro na área. Xa o século XIX, os eruditos sabÃan que o recinto era importante, e estaba en boca dos principais historiadores e eruditos da época. De feito, é habitual atopar na prensa de finais do XIX ou principios do XX referencias a este xacemento como o “famoso” Castro Valente. O cóengo da catedral de Santiago Antonio López Ferreiro ou Manuel MurguÃa, entre moitos outros, subiron a este cumio para admirar o que, no seu momento, debÃan ser uns restos cun estado de conservación espectacular. O resto dominante era a muralla, na que de aquela se distinguÃan varias portas e portelos. En El Barbero municipal, a revista de Rianxo na que colaboraba Castelao, alúdese a trinta torreóns que sobresaen da muralla. E MurguÃa fala de como parecen distinguirse dúas épocas: por unha banda os torreóns son semicirculares e por outros cadrangulares. Pero habÃa máis: algunhas testemuñas falan de dólmens no seu interior, estruturas e ata caracteres inscritos en pedras.
No que todos coincidÃan en que Castro Valente tiña de castro, cando menos da idea tradicional dun castro, só o nome. López Ferreiro consideraba que poderÃa ter sido un campamento romano ou un refuxio da xente da contorna de Iria Flavia en tempos da invasión musulmá. MurguÃa comparaba o recinto con algunhas fortalezas tardoantigas en Francia. O lugar fÃxose tan mÃtico que houbo relatos literarios da época que o vincularon á raÃña Urraca ou mesmo a Pardo de Cela. E logo caeu no esquecemento.
“Na foto de 1948”, sinala Fernández Pereiro, “o estado de conservación aÃnda era espectacular. Logo chegou a repoboación forestal e danou moito o lugar”. E non só. A apertura dun cortalumes destrozou a muralla da zona oriental do xacemento, que daba ao val da Barcala. Outras pistas e obras crebaron outras zonas. O monte pasou de ser unha das iconas do pasado galego a ficar case esquecido. Hoxe as comunidades locais propietarias do monte colaboran cos arqueólogos para recuperar a memoria do lugar.
O equipo escolleu precisamente a zona mellor conservada, a noroccidental que mira para Pontecesures, para acometer por primeira vez unha intervención neste enigmático xacemento. Abriron tres sondaxes moi próximas entre si, indo directamente a zonas que podÃan ofrecer unha primeira comprensión do xacemento.
Baixo a plantación de piñeiros apreciábase unha estrutura próxima á muralla, que abriron para comprobar de que se podÃa tratar. Atoparon un muro en bastante mal estado, pero tamén evidencias da extracción de pedra na rocha nai, que deberon ser empregadas para a construción de todas as estruturas circundantes. Moi preto desta sondaxe, os arqueólogos acometeron a intervención da muralla, aÃnda ben visible baixo a vexetación.
O que atoparon foi unha estrutura monumental, un potente muro defensivo de 3,6 metros de ancho e que no seu momento tivo que acadar, cando menos na súa estrutura en pedra, os tres metros de altura. Os arqueólogos retiraron pola cara interior máis de metro e medio de entullo, pero non se atreveron a continuar. A continua auga da chuvia e o estado da muralla podÃan provocar algún derrubo. Pero o valo era impoñente.
E un pouco máis alá, a intervención tentou comprobar a veracidade das descricións dos eruditos do século XIX. O resultado foi espectacular: deron identificado un potente torreón rectangular que sobresaÃa da muralla tres metros e que, cando menos, ten cinco metros de ancho. No torreón apareceron, de maneira suxestiva, un gran número de fragmentos de tégula, a antepasada da tella actual, que comezou a ser usada en Galicia en época romana. “Pode estar vinculada a algunha estrutura localizada no torreón”, sinala Mario Fernández Pereiro, como poderÃa ser unha cubrición deste espazo. Pero os arqueólogos tamén localizaron outro elemento suxestivo. AÃnda que só é unha pequena sondaxe, parece que o torreón foi construÃdo con posterioridade á muralla, como se nalgún momento esta debera ser reforzada ou preparada para mellorar a súa apariencia. PoderÃan existir dúas fases no recinto?
AÃnda é cedo para falar de cronoloxÃas. “Que paralelos ten esta muralla, no alto dunha montaña, con estes torreóns”, preguntamos a Mario Fernández. Este pensa e contesta: “Ningún. Ou teriamos que irnos á muralla de Lugo ou a Castro Ventosa, no Bierzo, un castro da Idade do Ferro reocupado en época romana”.
Os arqueólogos atoparon potentes estruturas e moitos fragmentos de tégula, pero como é habitual nestes recintos, unha escasa ou ausente cultura material no interior, o cal pode indicar que só se empregaban de maneira esporádica. Pero quen precisaba empregar este recinto de cando en vez? Quen tiña a capacidade para construÃr este espazo e defender máis dun quilómetro de murallas? Castro Valente é moito máis grande que case calquera castro prehistórico pero tamén ningún dos grandes señores feudais de Galicia terÃa tanta capacidade Hai numerosas preguntas e as intervencións arqueolóxicas están aÃnda a diversificala máis. Mario Fernández xa escavou outro dos recintos en altura da Depresión Meridiana, o Faro de Budiño, e nel atopou dúas fases de intervención que nos levan ao tempo dos reinos xermánicos. Pola contra, na recente intervención de Portomeiro, o rexistro arqueolóxico amosou fases anteriores que levan á creación dun castelo no século IX. Cada século aquà parece suxerir mundos distintos.
Os arqueólogos só escavaron 40 metros dun recinto de 10 hectáreas. É moi cedo para atopar evidencias que respondan ás preguntas. Pero algo está claro: os eruditos de finais do XIX non estaban errados no seu entusiasmo por Castro Valente.