Unha recente intervención arqueolóxica no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (Parada de Sil, Ourense) desvelou a que pode ser a maior colección de calzado medieval localizada en Galicia. Trátase dos restos en coiro de diferentes modelos de zapato, que apareceron mesturados con restos humanos. O equipo de arqueólogos dirixido por VÃctor RodrÃguez Muñiz, da empresa Breogán ArqueoloxÃa, localizou este considerable conxunto de prendas durante unha intervención determinada a coñecer as orixes máis remotas deste emblemático cenobio da Ribeira Sacra, promovida polo concello de Parada de Sil con financiamento da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia.
Ante a pregunta do xornalista de se atoparon, como aparecÃa en diferentes noticias, restos de calzado, Eduardo Breogán Nieto, director de Breogán ArqueoloxÃa, contesta coma quen non quere a cousa. "Si, si, eu creo que debe haber catro modelos diferentes. Hai chinelas, botÃns, algunhas teñen solas en madeira e outras non estamos seguros aÃnda de serán de cortiza", explica. Pero ao examinar as fotos dos achados, o que se ve é sorprendente. Aparece toda unha colección de calzado de coiro que hai máis de cincocentos anos calzaron os monxes de Santa Cristina de Ribas de Sil.
Nun territorio como o galego, caracterizado por unha elevada acidez do chan e notable humidade, escasas mostras de tecidos e roupas medievais foron conservadas ou atopadas en intervencións arqueolóxicas. Consérvanse algúns fragmentos de tecido aparecido na apertura de sartegos, e as principais mostras atópanse nos relicarios das catedrais do paÃs. Pero ata o momento nunca aparecera unha colección tan extraordinaria de calzado medieval. Pendente aÃnda dunha datación máis precisa, estas chancas, botas e zapatos deitan luz insospeitada sobre a vida cotiá nun mosteiro medieval do reino de Galicia.
Foto: Breogán ArqueoloxÃa / Xunta de Galicia
As circunstancias do achado son tamén rechamantes. O equipo arqueolóxico realizou tres sondaxes en diferentes partes do mosteiro, co obxectivo de localizar estruturas anteriores á actual fábrica do cenobio e do claustro, que son de época renacentista. O calzado apareceu todo concentrado nunha das sondaxes, mesturado cunha chea de ósos. "Cremos que ese remexido procede do antigo cemiterio do mosteiro, afectado pola construción do claustro do XVI", sinala Eduardo-Breogán Nieto. "Por fortuna estaban nun terreo moi árido e non moi afectado pola chuvia", indica. O nivel de conservación dos zapatos permite apreciar todos os detalles da súa fabricación, mesmo solapas que os pechan cos seus remaches.
A intervención tiña como motivo determinar as orixes e a configuración inicial deste cenobio, considerado un dos emblemas da Ribeira Sacra, co seu caracterÃstico campanario piramidal emerxendo na ladeira do souto de Merilán, en Parada de Sil. O cenobio comeza a aparecer na documentación, como moitos outros recintos sacros da Ribeira Sacra, no século X, aÃnda que a súa fundación pode ser anterior. Nos últimos anos, diversos proxectos arqueolóxicos están na procura –algo esquiva- da materialidade desas primeiras orixes.

O equipo de Breogán ArqueoloxÃa traballou a partir dos resultados do gradiómetro. O propio recinto de Santa Cristina é testemuña da propia transformación. A fábrica monástica do século XVI está chea de elementos reaproveitados da fase medieval anterior, como laudas con tumbas de abades ou sillares. Por unha crónica dun visitador eclesiástico de finais do século XV, os arqueólogos sabÃan que o mosteiro, por volta dese tempo, atopábase en moi mal estado. Era como unha pequena aldeÃña con construcións independentes nas que cada unha desempeñaba unha función distinta, como a cociña, as celas, o forno ou o pazo do abade. Todas ao redor da igrexa.
As tres sondaxes procuraban localizar esa estrutura de edificios aludida polas fontes. Unha realizada polo exterior do cenobio localizou dúas tumbas, aÃnda por datar, que confirman a ampla extensión da necrópole do cenobio. Outra sondaxe, na que se considera posible sala capitular, só localizou niveis da considerable restauración dos anos 80. O terceiro resultado realizouse no medio do claustro. AlÃ, xunto co remexido de ósos, os arqueólogos localizaron varias estruturas. Algunhas posteriores ou contemporáneas ao claustro renacentista, pero tamén un esquinal que pode estar vinculado á fábrica medieval do século XII, do tempo da igrexa conservada na actualidade. De feito, o muro está superposto por dúas sepulturas labradas na rocha que poden ser anteriores e remontarse a época altomedieval.

Nos vindeiros meses, poderase coñecer máis sobre o calzado dos monxes de Santa Cristina de Ribas de Sil. A análise por C-14 dos ósos localizados na mesma entulleira poderán aproximar o periodo de uso desa necrópole e, polo tanto, determinar o tempo no que esas chancas ou botÃns formaron parte dos cadáveres enterrados na antiga necrópole medieval.
Polo momento, á vista das fotografÃas, parece que só cun pouco de limpeza e un par de apaños, esas vellas prendas que, hai centos de anos estiveron presentes nos cánticos da liturxia e nos traballos do dÃa a dÃa no souto de Merilán, estarÃan listas para seren usadas de novo. Iso si, mellor non calzar máis dun 40.