O arqueólogo Jorge Lamas non sabe nin por onde comezar. "Un mundo de luz e cor!", rexouba entre risos. Porque a primeira campaña arqueolóxica no monumento natural de Pena Corneira (Leiro), unha laberÃntica acumulación de rochedos, penedos, abrigos e bosque que preside as terras altas do Ribeiro, non só confirmou a existencia dun dos castelos protagonista de importantes feitos da historia de Galicia e as evidencias das súas destrucións, senón que localizou un gran poboado romano, ata o momento descoñecido, e que inclúe unha misteriosa necrópole dentro do labirinto de abrigos rochosos. Se parece pouco, por baixo do poboado romano os arqueólogos atoparon numerosas evidencias dun importante poboado do CalcolÃtico, que pode remontar a ocupación do lugar como mÃnimo hai 4.000 anos.
Todo comezou durante as tarefas de seguimento arqueolóxico da limpeza do Monumento Natural de Pena Corneira, un espectacular espazo natural de case mil hectáreas localizado entre os concellos de Leiro e Carballeda de Avia. "Como parte da limpeza estaba dentro do ámbito de protección da fortaleza de Pena Corneira", explica Lamas, "fÃxose un seguimento arqueolóxico das tarefas de desbroce. E foi aà cando comecei a atopar moita tégula en superficie. Pero xa Chamoso Lamas aludÃa á presenza dese material e noutro artigo, Delibes e Colmenero estudaban armas prehistóricas aparecidas alà ".
Monumento natural da Pena Corneira (Leiro). Foto: Alma / Wikipedia
O concello de Leiro, a través dunha subvención da AGADER, decidiu recuperar o castelo de Pena Corneira, un escenario emblemático e romántico da nosa historia medieval. Alà mantivo preso o cabaleiro Arias Pérez ao famoso neno Afonso Reimúndez, fillo de Raimundo de Borgoña e dona Urraca, durante os turbulentos anos nos que o conde de Traba e o bispo XelmÃrez protexeron ao neno que serÃa proclamado rei de Galicia na catedral de Santiago en 1111 e posteriormente se converterÃa en rei tamén de León e adquirirÃa o tÃtulo de Emperador. A Pena Corneira están vinculados tamén algúns dos outros actores protagonistas desta historia: o arcebispo XelmÃrez e a raÃña Orraca.
As covas dos mortos
Pero debido aos materiais que apareceran noutras partes da Pena Corneira, Jorge Lamas, á cabeza do equipo de Tempos Arqueólogos que realizou a intervención arqueolóxica, decidiu explorar outro dos outeiros penedentos onde se atopa un miradoiro. "Toda nesa área aparecen plataformas de dous ou tres mil metros cadrados con tixolos e tégulas romanas, e comezamos tamén a distinguir abrigos con moita tégula no seu interior", explica Lamas. Os investigadores comezaron por unha terraza do outeiro na que atoparon moita tella en "posición secundaria", é dicir, desprazada do seu lugar orixinal, "e uns fragmentos de cerámica que nos pareceron un pouco raros. Démoslles importancia pero continuamos co plan". Non lonxe de alà habÃa un abrigo rochoso granÃtico con moita tégula no interior. Era estraño, nese caso, que os fragmentos de teituras romanas chegaran alà por arrastre. Para a súa sorpresa, no interior atoparon un sartego escavado na rocha e ao carón, os restos doutro sartego con caixa de pedra teitado con tégula, caracterÃstico de época romana. "VÃanse moi ben os negativos na sondaxe", engade Lamas.
Tumbas no interior do abrigo rochoso. Foto: Lamas / Tempos Arqueólogos
O achado de tumbas posiblemente tardoantigas no interior dun abrigo rupestre é algo pouco ou nada coñecido en Galicia, cando menos na bibliografÃa cientÃfica publicada, confirma Laura Blanco Torrejón, arqueóloga especializada nas prácticas funerarias da Antigüidade tardÃa e da Alta Idade Media. "Porén, nos últimos anos si están aparecendo moitos enterramentos en covas en Asturias e Cantabria do perÃodo tardoantigo e altomedieval", explica a arqueóloga. A presenza das tumbas nos abrigos de Pena Corneira pode inscribir a Galicia nesta práctica funeraria do norte da penÃnsula ibérica.
O poboado da máis remota Prehistoria
Coa sorpresa aÃnda no corpo, Lamas e o seu equipo abordaron outra sondaxe no medio dunha plataforma próxima. "O celme da sorpresa deuse cando comezamos a baixar. Primeiro aparecÃa tégula, logo un pavimento de nivelación con terra moi xabrillenta que, por unha banda, tiña unha terra máis escura. Comezamos a rebaixala e nese momento comezaron a aparecer fragmentos de cerámica tipo Penha". O asunto non era menor, porque de súpeto o xacemento acababa de retroceder uns dous mil cincocentos anos no tempo con respecto á época tardoantiga. "Eu poderÃa asegurar que non atopamos case ningún fragmento que non tivera decoración", explica Lamas. É precisamente a decoración un dos elementos definidores desta cerámica do NeolÃtico final e CalcolÃtico, chamada asà pola súa tipificación a partir dun xacemento portugués e que se estende pola bacÃa hidrográfica do Douro e o noroeste peninsular ao longo do final do terceiro milenio antes de Cristo. Non é calquera cousa: aÃnda que nos últimos o número de poboados desde perÃodo –máis coñecido polas famosas mámoas que enchen o territorio galego- vai en aumento, atopar un asentamento desa época é moi relevante. Lamas chegou ata unha "lousa traballada" e decidiron abrir unha "xanela arqueolóxica noutro punto da sondaxe" para ver se aquelo era un achado puntual. Apareceu máis cerámica calcolÃtica e unha pedra fincada. "Chegamos ata aquÃ", explica Lamas, "toda esta zona precisa ser escavada en área e de xeito moi detallado".
Cerámica tipo Penha na Pena Corneira. Foto: Lamas / Tempos Arqueólogos
"O habitual é que os romanos constrúan destruÃndo moito do anterior, pero aquà o sorprendente é que os restos calcolÃticos parecen estar ben conservados", explica Lamas. "Con todo, o que temos é un poboado tardorromano enorme, unha villae, unha quinta ou algún tipo de poboamento disperso que parece estar controlando unha zona de paso entre dous vales, entre a aldea de Orega e a de Lamas". Máis achados de materiais e construcións levan a Lamas a formular unha hipótese. "Creo que o poboado romano parece estar na base do outeiro e se cadra nalgunhas das plataformas, e por riba del, nas covas do outeiro, a necrópole", explica. Outro detalle de interese é que os veciños ensinaron a Lamas outra peza da memoria local: o lugar no que se contaba que estivera a igrexa orixinal de Orega, que Lamas identificou como un espazo arqueolóxico aÃnda visible.
A prisión do pequeno rei
A outra parte da intervención levou á propia escavación do castelo medieval de Pena Corneira. "Un podÃa pensar ao ver o lugar que era un castelo roqueiro pequeniño", explica Lamas, "pero ten ata o infinito e máis alá. Escavamos só 70 metros cadrados entre bolos granÃticos". AÃnda que se poderÃa supoñer que o solo terÃa pouca potencia entre tanto penedo, as sondaxes revelaron o contrario. "Houbo unha zona na que houbo que afondar case 2,50 metros para abaixo, unha tolemia. Pero apareceunos o que nós chamabamos o muro de Arias Pérez", explica Lamas, en referencia ao cabaleiro que comandou un levantamento popular contra o conde de Traba e secuestrou ao futuro rei de Galicia e emperador de Hispania, Afonso Reimúndez, téndoo preso nesa fortaleza. "O muro ten un metro de ancho, conserva unhas cinco ou seis fiadas e está apoiado nunha especie de menhir".
A escavación permitiu ir confirmando algúns datos históricos que conectan a Pena Corneira con feitos moi relevantes da historia do paÃs, como a revolta irmandiña, que derrubou o castelo, e a súa ruÃna definitiva da man do gobernar Fernando de Acuña, enviado polos Reis Católicos para controlar e derrubar as fortalezas da nobreza galega. "Arqueoloxicamente vense moi ben eses procesos", explica, "porque observamos dous derrubes considerables. Abaixo está o da revolta irmandiña, que é moi grande. Logo obsérvase como se fixo por riba un muriño pequeniño que se corresponde coa destrución obrigada por Fernando de Acuña".
Os numerosos achados materiais dan conta da vida no castelo. "Temos unha gran secuencia de cerámicas desde o século XII, pero tamén aparecen moedas no primeiro derrubo, fragmentos de armas, útiles domésticos, algunhas xoias e algúns achados curiosas. Por exemplo, moitas cunchas de ostras e ameixas, ou algo que me ten intrigado: o estribo dun cabalo. Non teño nin idea de como subirÃan en cabalo ata aà arriba", di Lamas con ironÃa.
AÃnda que Lamas xa ten claro que a escavación do vindeiro ano vai ser na parte máis alta do castelo, na torre do Homenaxe, onde aÃnda parecen conservarse algunhas estruturas, a idea do concello de Leiro é elaborar un plan director que vaia definindo as intervencións arqueolóxicas por anos. "Outra cousa importante é elaborar unha base de datos completa sobre a cantidade de abrigos rupestres que hai aquÃ", explica Lamas en relación ao labirinto de buratos que forman os bolos granÃticos. Entrementres, os veciños de Leiro poden estar ben contentos. No supermercado da arqueoloxÃa galega, co seu xacemento de Pena Corneira acaban de tocarlles tres xacementos polo prezo dun.