Aparece un espectacular tríscele no castro de San Vicenzo

Estaba colocado nunha das casas do poboado

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Foto: Eloi Saavedra

Foto: Eloi Saavedra

"Estas cousas sempre son a última hora", afirma o arqueólogo Jorge Lamas, director das intervencións no castro de San Vicenzo (Avión). O equipo arqueolóxico estaba preparándose para rematar a xornada cando retiraron algunhas pedras máis do derrubo dun edificio circular no interior do castro de Avión. Aquela acumulación de pedras non era consecuencia da ruína do edificio, senón da acción de expoliadores, nunha data indeterminada, tentando chegar ao interior da cabana. "Había unha pedra cadrada moi grande e ao volteala apareceu este enorme tríscele", explica Jorge, "moi posiblemente os expoliadores o viron e o descartaron porque estaban á procura doutra cousa". O tríscele, pensa Lamas, estaba situado nas proximidades da porta da cabana, porque apareceu tamén outra pedra con indicios de ser parte do lintel nas proximidades. Aínda que o achado destes símbolos na área bracarense de Gallaecia é habitual, o tríscele sobrancea polo seu bo estado de conservación e mesmo polas súas dimensións e a delicada factura do baixorrelevo. O castro de San Vicenzo comezou a ser intervido o ano pasado por iniciativa da comunidade de montes de san Xusto e a Asociación Cultural Viva Avión. As dúas entidades financian a campaña deste ano no castro que, polo momento, parece estar activo ata o cambio de era, cando aparecen algúns indicios de comercio co mundo romano.


O equipo arqueolóxico posando co trisquel

Que che parece esta nova?
160 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

No confín dos vellos castros

Ver serie completa
Marcha un imperio, volven os castros

Marcha un imperio, volven os castros

As escavacións en san Tirso de Portocelo (Xove) amosan como os antigos castros foron reocupados ao final do Imperio

Cando os nenos mortos non abandonan a casa

Cando os nenos mortos non abandonan a casa

Novos achados no castro de Viladonga avanzan que no interior das cabanas poderían gardar e sinalar con estelas os restos dos nenos falecidos

Moito máis que unha porta

Moito máis que unha porta

A nova campaña no castro de Montes Claros desvela inxentes traballos na construción do sistema de acceso

Na traza dos mineiros galaicos

Na traza dos mineiros galaicos

A investigación da Roda do Castro (Salcedo, A Pobra do Brollón) confirma a elevada actividade metalúrxica nos castros da terra de Lemos

Un mapa para buscar as trazas do poder

Un mapa para buscar as trazas do poder

A escavación no castro de Tralocastro (Ferrol) localiza posibles espazos colectivos ás portas da acrópole

O forno por debaixo do monumento con forno

O forno por debaixo do monumento con forno

A nova campaña do castro do Sarridal revela a existencia dun posible 'forno comunitario' por debaixo da sauna galaica

Do mesmo ámbito

O 3x1 da Pena Corneira

O 3x1 da Pena Corneira

A escavación do histórico castelo da Pena Corneira desvela un poboado tardorromano e outro do Calcolítico nas proximidades

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jorge Lamas, Gallaecia, Arqueoloxía

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares