Os momentos cotiáns intensos de Manuel Ruibal coa natureza

A mostra 'Azul inmenso Atlántico' ofrece un percorrido polo tempo, a luz e os espazos marítimos

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Os momentos cotiáns intensos de Manuel Ruibal coa natureza

Ata o vindeiro 24 de agosto o Museo provincial de Lugo acolle a exposición 'Ruibal. Azul inmenso Atlántico' que amosa a obra creada nos últimos anos polo artista pontevedrés Manuel Ruibal (Pontevedra, 1942), comisariada por Antón Castro. A proposta expositiva está composta por un conxunto de esculturas policromadas, distribuídas en dúas instalacións, unha escolma de obras da serie 'Sobre o mar' e a serie 'O debuxo na palabra (Aforismos)'. Completa a mostra a proxección dun audiovisual. O título da mostra xurde dos versos dun poema do propio artista: " Veo como el Poniente se baña en el mar de San Vicente / este azul inmenso se hace Atlántico allá lejos…".

Segundo explica Antón Castro na folla de sala, a mostra céntrase nun percorrido "tan simbólico como real que o autor vive física e emocionalmente ao longo dos anos, desde que experimentara as súas primeiras experiencias informalistas e abstractas no mar de San Vicente, ao principiar os anos 70 do século pasado. Fermento paixoal lonxano que foi actualizando nun corpus tan vívido como dimensionado en termos estéticos, en forma de pintura e escultura ou instalación, na imaxe xestual dunha obra minimalista, que implica o tránsito romántico do tempo e da luz como elementos transformadores dunha natureza viva, fixada no instante da beleza creacional que definira Schelling e, xa antes, Kant intuíra dende a autorreferencialidade e do pracer desinteresado". Segundo explica Castro, nesta exposición Ruibal revive os momentos intensos da natureza a través dos seus mares, facendo que o cotián se volva transcendente a través da observación e da imaxinación: Amenceres, atardeceres e anoiteceres sobre o mar de Galicia 2016-2021, que, nesta cita, complementa coas instalacións Pedras pintadas, de diferentes períodos, dende 1982-2024, cantos rodados de orixe mariña, e coa derradeira serie O debuxo na palabra 2024-2025.

Que che parece esta nova?
94 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Momento de Paz

Momento de Paz

O Museo de Pontevedra reivindica o traballo de Manolo Paz coa mostra Luna azul

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Atlántico, Manuel Ruibal, Natureza, Antón Castro...