O concello de Lousame reuniuse onte na Coruña co presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, co obxectivo de presentar as iniciativas de divulgación da figura de Diego Cernadas de Castro, cura de FruÃme (1702-1777). Na xuntanza participaron a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, canda os voceiros do PSOE e do BNG, algo pouco frecuente co que no concello queren simbolizar a unión do concello ao redor do proxecto. No obxectivo é facerlle chegar "unha proposta co obxectivo de que a institución lle renda homenaxe ao cura de FruÃme, dedicándolle o DÃa das Letras Galegas de 2027, a coincidir cos 250 anos do seu pasamento". O concello presentou un informe a Henrique Monteagudo sobre a relevancia de Cernadas e presentaron unha lista de quince actuacións na memoria do poeta nos últimos vinte anos.