Redondela incluirá a toponimia como ben patrimonial no seu PXOM

A Real Academia Galega anima a outros concellos a seguir esta iniciativa

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Membros da RAG no concello de Redondela. Foto: RAG

Membros da RAG no concello de Redondela. Foto: RAG

O concello de Redondela incluirá a toponimia como ben patrimonial no seu Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Así o explicou no transcurso dunha xuntanza entre a alcaldesa e outros membros da corporación municipal co presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, o secretario da institución Henrique Monteagudo e Gonzalo Navaza, membro do seminario de Onomástica. Durante a xuntanza, a alcaldesa presentou as iniciativas para a recuperación e posta en valor da toponimia local, coma o traballo de campo, a edición de nove publicacións sobre toponimia e a incorporación de 3000 microtopónimos ao web Galicia nomeada. A Real Academia Galega celebrou esta "medida pioneira" de incorporación da toponimia ao PXOM e animou aos outros concellos a seguir este "exemplo".

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega, Gonzalo Navaza, Víctor Fernández Freixanes, Henrique Monteagudo...