A Real Academia Galega elixiu a Gonzalo Navaza (LalÃn, 1957) académico de número no pleno ordinario celebrado este sábado. O escritor, tradutor e destacado especialista en toponimia é profesor do departamento de FiloloxÃa Galega da Universidade de Vigo e forma parte da RAG como membro correspondente vinculado ao Seminario de Onomástica dende o ano 2012. Tras a lectura do discurso de ingreso en datas vindeiras, Gonzalo Navaza ocupará a vacante producida polo pasamento o pasado mes de marzo do historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández, presidente da RAG durante case unha década. No pleno acordouse ademais nomear académicos correspondentes ao crÃtico literario Ramón Nicolás RodrÃguez (Vigo, 1966) e á xurista Celia Pereira Porto (Rotterdam, 1971).
O académico electo é coñecido polo gran público pola súa actividade literaria, coa que colleitou distintos premios como o da CrÃtica Española de poesÃa por 'Fábrica Ãntima' (1991) e 'Libra' (2000), recoñecido tamén co MartÃn Codax; e o San Clemente de narrativa por 'Erros e Tánatos' (1998). A traxectoria como investigador en onomástica de Gonzalo Navaza comezou nos anos 80, cando realizou a recollida de campo e a corrección da toponimia dos mapas do Instituto Xeográfico Nacional para as provincias de Pontevedra e Ourense. Entre outras obras, publicou 'Fitotoponimia galega' (2006), un traballo monumental que recolle preto de 8.000 nomes de lugar que se corresponden con 150 especies botánicas distintas, e que foi galardoado co Premio de Investigación Losada Diéguez (2007); 'Toponimia de Catoira', Premio Lois Peña Novo (2008); ou 'Os nomes dos concellos da provincia da Coruña' (RAG, 2021). O académico electo é ademais parte do proxecto Dicionario de apelidos galegos e escribiu numerosos artigos sobre os topónimos, os nomes persoais e os apelidos do paÃs. É membro da Comisión de Toponimia de Galicia, foi socio fundador e presidente da Asociación Galega de Onomástica, e dende o ano 2012 forma parte como académico correspondente do Seminario de Onomástica, entre outros méritos.
A tradución é outro campo da lingua que traballou con éxito. Verteu ao galego clásicos universais como 'A chamada da selva de Jack London' (1982), 'Sherlock Holmes, detective' de Arthur Conan Doyle (1986) e 'Robinson Crusoe' de Daniel Defoe (1986). A súa versión galega doutro éxito de Conan Doyle, 'O can dos Baskerville', foi recoñecida co Premio Ramón Cabanillas de Tradución Literaria (1991), a d’A traxedia do home recibiu o Madách Award (2003) e a d’As flores do mal de Baudelaire o Premio de Tradución Literaria da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (2009). Gonzalo Navaza desenvolveu ademais un importante labor como director da área de dicionarios de Edicións Xerais de Galicia entre 1989 e 1997, é autor e coautor de numerosas obras didácticas sobre a lingua e a literatura galegas e foi membro do equipo redactor dos programas oficiais de Lingua e literatura galegas para bacharelato e formación profesional (1984) e do seminario permanente de Literatura galega de COU (1988-1995).
Celia Pereira Porto e Ramón Nicolás, membros correspondentes
O pleno da Real Academia Galega acordou tamén nomear membros correspondentes a xurista Celia Pereira Porto e o crÃtico literario Ramón Nicolás. Celia Pereira Porto é doutora en Dereito e desenvolve un labor destacado en distintos campos sempre dende o compromiso coa lingua e a cultura galegas. É autora da primeira tese de licenciatura en galego sobre o pensamento de Concepción Arenal, docente e investigadora sobre igualdade e xénero en Galicia, foi membro do gabinete de apoio á actualización normativa da AsesorÃa Xeral da Xunta de Galicia, forma parte da sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega, exerce como avogada laboralista dende hai máis de quince anos e participa na Irmandade XurÃdica Galega.
A nova académica correspondente é articulista en distintos medios e autora de crÃtica literaria en Praza Pública ou Criaturas, e mantén ademais un notable activismo asociativo: foi fundadora de organizacións como a Asociación CÃvica Cultural VÃa Vella de Ponte Canedo (Ourense) e na actualidade é presidenta da Fundación Vicente Risco, da que antes foi secretaria.
O escritor, tradutor e crÃtico literario Ramón Nicolás é licenciado en FiloloxÃa Galego-Portuguesa (USC) e diplomado en Estudos Portugueses pola Universidade Nova de Lisboa, e exerce como profesor de Lingua e literatura galegas dende 1989, un labor que desenvolve na actualidade no IES Castelao (Vigo). Comezou a escribir crÃtica literaria no ano 1990, dende hai dúas décadas cultiva este xénero no suplemento "Fugas" de La Voz de Galicia e dende hai dez anos proxecta tamén na Rede a súa ollada no blog Caderno de CrÃtica, recoñecido con diferentes galardóns. O novo académico correspondente presidiu ademais a sección de crÃtica da AELG, forma parte da Asociación Galega da CrÃtica dende a súa fundación e tamén é membro da Asociación Española de CrÃticos Literarios.
Como ensaÃsta publicou, como autor ou coautor, máis dunha ducia de tÃtulos aos que hai que sumar outros tantos como editor literario e prologuista, entre eles varios tÃtulos sobre Celso Emilio Ferreiro como 'Conversas con Celso Emilio Ferreiro' (2009) ou 'Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro' (2012), galardoado este último co Premio da AELG ao mellor ensaio e o Premio Antón Losada Diéguez de ensaio. O seu labor como tradutor tamén foi distinguido en diversas ocasións con premios como o Fervenzas Literarias á mellor tradución por 'Sete casas en Francia' de Bernardo Atxaga (2009), o Lois TobÃo por '30 gramos' de Leonel Moura (2011) ou a entrada na Lista de Honra do IBBY en 2015 e 2016 coa tradución de 'Bisa Bea, Bisa Bel' de Ana Maria Machado.