Ribeira acata o topónimo legal con 'b'

Aceptou o informe da Real Academia Galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Ribeira acata o topónimo legal con 'b'

Onte foi un día histórico para o concello de Ribeira. A corporación municipal aceptou o informe da Real Academia Galega sobre o topónimo municipal. Durante moitas décadas, o concello e parte da poboación opuxéranse á normalización do topónimo da vila, reclamando o uso do 'v' para formar 'Riveira'. Onte a corporación municipal reuniuse co presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, o director do Seminario de Onomástica e Toponimia, Antón Santamarina e mail secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. A RAG presentou un informe que conclúe que o topónimo de Ribeira é a única forma lexítima. O concello anunciou no acto que acatará o informe e porase fin á longa polémica.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega, Valentín García, Víctor Fernández Freixanes, Antón Santamarina...