A Xunta recorrerá nos tribunais a oficialización de La Coruña mentres a Academia se pronuncia en contra e Pérez Touriño apoia a Vázquez

Ele: A RAG, a Xunta e Touriño

4/11/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A consellaría de Xustiza será a encargada de cursas o recurso contra a oficialización do topónimo La Coruña aprobada pola corporación desta cidade o pasado martes. Segundo lembrou o conselleiro de Eduación, Celso Currás, a decisión do concello vulnera a competencia sobre topónimos que é exclusiva da deputación autonómica. Pola súa banda, a Real Academia Galega emitía onte un comunicado condenando a cooficialidade proposta polo concello, insistindo en que a única forma legal do topónimo é a galega. Finalmente, o secretario do PSdeG-PSOE, Emilio Pérez Touriño, manifestou que "entende" a decisión do alcalde da Coruña e que conta co "apoio maioritario" da poboación.

Máis información en Galicia Hoxe; en La Opinión; El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emilio Pérez Touriño, Galicia Hoxe, La Opinión, PSOE...