O xulgado suspende o emprego do topónimo La Coruña mentres se avanza un acordo entre PSdeG e PP para legalizalo

Cal e area lingüística

12/4/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Logo do recurso que presentou a Consellaría de Presidencia contra a resolución do Concello da Coruña de empregar o topónimo castelán da cidade, o responsable do xulgado contencioso administrativo número tres suspendía onte o acordo que daba nesta resolución. Simultaneamente, e segundo publica “La Opinión”, o secretario do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, anunciou que o seu partido non se oporá se o PP propón no Parlamento modificar a lei de normalización lingüística para acoller na legalidade o emprego do topónimo castelán da Cidade Herculina.

Máis información en La Opinión e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con PsdeG, La Opinión, Emilio Pérez Touriño, Normalización Lingüística...