A Xunta propón a recollida colectiva toponimia cun novo programa

Toponimízate inclúe unha aplicación para móbil e conferencias

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A Xunta propón a recollida colectiva toponimia cun novo programa

A Secretaría Xeral de Política Lingüística presentaba esta mesma mañá Toponimízate, unha nova campaña que se desenvolverá nos concellos adheridos á Rede de Dinamización Lingüística. A Coruña, Arteixo, Boqueixón, Lousame, Melide, Miño, Vedra, Palas de Rei, Sober, Viveiro, O Carballiño, Ourense, Cangas, O Grove e Silleda acollerán, no seo deste proxecto, conferencias do filólogo Vicente Feijoo, especialista en toponimia e membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega. Nas mesmas abordaranse cuestións xerais sobre a toponimia galega e a súa importancia como patrimonio inmaterial canda a explicacións sobre os nomes de lugar de cada concello.

Ademais, o proxecto desenvolve unha aplicación para teléfono móbil que permitirá a calquera usuario recoller e localizar topónimos contribuíndo así á base de datos sobre toponimia do país. A iniciativa ten entre os seus obxectivos "a chegarlle á cidadanía de cada concello valiosa información sobre a historia do galego falado na súa contorna e sobre os modos de vida dos seus antepasados" a través dos nomes de lugar, "fomentar o uso da lingua galega entre a xente máis nova" ao empregala para se comunicar na recollida de topónimos, fomentar o emprego da nosa lingua nas novas tecnoloxías ou "fornecer os técnicos municipais das ferramentas necesarias que lles faciliten a tramitación de expedientes relacionados coa planificación e xestión do territorio", segundo recolle o web de Política Lingüística.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Real Academia Galega, Melide...