A toponimia de todos os concellos de Galicia estará actualizada e revisada no 2011

Toponimia activa

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Baixo o nome “Toponimia de Galicia” desenvólvese un proxecto que recolle e actualiza a microtoponimia de todas as entidades (montes, veigas, camiños, parroquias...) de Galicia. Dos 315 concellos que hai en Galicia, 54 xa remataron co proceso, mentres 264 continúan activos. Son os datos ofrecidos pola Secretaria Xeral de Política Lingüística, Marisol López, como resposta a unha pregunta parlamentaria do Partido Popular. A Secretaria aproveitou para indicar que se está a estudar a posibilidade que a Real Academia Galega se incorpore ao proxecto, así como os prazos de execución: estará rematado no 2011 e a finais deste ano haberá un sitio web actualizado no que incorporarán os datos.

Máis información no web da Xunta

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Partido Popular, Real Academia Galega