A Xunta presenta un volume que recolle a toponimia de toda Galicia

Cuestión de nome

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Os cambios no asentamento da poboación e a desaparición de núcleos rurais acaba por poñer en perigo tamén, o nome deses lugares. Por iso, o 20 de abril, a Xunta de Galicia ten previsto celebrar unha xornada técnica sobre a toponimia no noso país no que xuntará aos especialistas na materia. No transcurso desa sesión, o presidente da Xunta, Manuel Fraga, presentará o “Nomenclátor de Galicia”, un volume que fai unha listaxe dos topónimos oficiais de todas as provincias, concellos, parroquias e lugares. É unha das iniciativas levadas a cabo dentro do proxecto Toponimia de Galicia, que pretende a recuperación, catalogación e depuración da microtoponimia.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Fraga, Galicia Hoxe, Xunta de Galicia

Claves

Protagonistas