A RAG pon na rede un volume de estudos sobre os nomes do mar

A entidade publicou tamén unha nova entrega da colección "Terra Nomeada" dedicado á toponimia de Carnota

| Santiago. Redacción | Seccións: linguapatrimonio
Compartir:
A RAG pon na rede un volume de estudos sobre os nomes do mar

Co título Estudos de Onomástica Galega X. Os nomes do mar, a Real Academia Galega (RAG) pon a disposición no seu web os textos das intervencións da última Xornada de Onomástica Galega. Traballos sobre nomes da costa, marcas de mariñeiros, denominacións de embarcacións ou estratexias para a difusión deste patrimonio atópanse no volume.

Canda a isto, a Academia publicou tamén unha nova entrega da colección "Terra Nomeada". Alfonso Blanco Quintela asina Toponimia de Carnota, na que analiza 59 nomes de lugar da toponimia maior e oito da toponimia menor, a amosar a abundancia de topónimos únicos existentes no concello, nada menos que 20 dos presentados. 

No traballo, apunta ademais a importancia dos topónimos prerromanos conservados no lugar, como son a propia Carnota ou Lira. Non entanto, o autor desbota a pretendida orixe celta do nome Pindo, que apón a existencia dun certo tipo de piñeiro no lugar. 

Que che parece esta nova?
152 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carnota, Real Academia Galega, Alfonso Blanco, Celta...

Claves

Protagonistas
Lugares