A toponimia de Tordoia protagoniza o novo volume de Terra Nomeada

Lidia Gómez e Luz Méndez analizan a denominación de 150 lugares deste concello

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A toponimia de Tordoia protagoniza o novo volume de Terra Nomeada

A nova entrega da colección Terra Nomeada analiza un total de 150 nomes de lugares das dez parroquias do Concello de Tordoia, así como diferentes accidentes xeográficos do mesmo. O volume que presenta a Real Academia Galega está asinado por Lidia Gómez e Luz Méndez e fai parte da serie que desenvolve o Seminario de Onomástica da RAG en colaboración coa Asociación Galega de Onomástica, e pode descargarse no web da institución.

As autores abordan no seu traballo nomes como o de Andoio, de orixe descoñecida, que podería estar vencellado "con outros nomes de lugar como Bormoio, en Coristanco, Leiloio, en Malpica de Bergantiños ou mesmo Baldaio, lugar da parroquia homónima, que conteñen todos o sufixo prerromano -io", segundo as autoras.

Noutros, como Bouzamerelle e Bouzarán, as investigadoras detectan a voz prerromana "bouza", que designa un terreo inculto e un segundo elemento que no primeiro dos casos derivaría "do nome de persoa de orixe xermánica Mirellus" e no segundo "pode ser o nome prerromano referido a un accidente do relevo".

Entre os achados que recolle a publicación está a análise sobre o nome do río Dubra, que as autoras relacionan co céltico *dubro- e que significaría "auga, río", un termo que se pode vencellar co "co nome do río Dobra de Asturias ou da cidade de Dover en Inglaterra".

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega, Bergantiños, Malpica, Inglaterra...