Co lema "Os camiños de Santiago de Europa cara a Galicia. Lugares, nomes e patrimonio" a Facultade de FiloloxÃa da Universidade de Santiago acolle entre o vindeiro 21 e 23 de setembro o Congreso Internacional de Toponimia no Camiño de Santiago. A Real Academia Galega organiza este encontro coa colaboración da USC e mais da Asociación Galega de Onomástica, e co apoio económico da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia
Cada unha das xornadas do evento atenderá a un eixe temático. Deste xeito no dÃa 21 abordaranse os nomes vencellados á ruta xacobea en Galicia. Gonzalo Navaza, Xosé Manuel Sánchez Rei, que abordará a toponimia menor de Sobrado na época medieval e Paula Bouzas, a presentar o Tombo de Iria como fonte de información toponÃmica centrarán as intervencións.
O dÃa 22 centrarase no Camiño na PenÃnsula, con achegas arredor da onomástica no Camiño na área catalá-valenciana, e en Aragón, Portugal ou Euskadi a cargo de especialistas como o catedrático da Universitat de València Emili Casanova; Javier Giralt, presidente da Academia Aragonesa de la Lengua; Carlos Rocha, investigador do Centro de LinguÃstica da Universidade de Lisboa; Patxi Salaberri, académico de número de Euskaltzaindia; e Mikel Gorrotxategi, de Euskaltzaindia.
Os nomes xacobeos en Europa protagonizan a última sesión do encontro, que contará con Elena Papa e Alda Rossebastiano, da Università di Torino, e Pierre-Henry Billy, do Centre National de la Recherche Scientifique francés, con achegas sobre a toponimia xacobea na área subalpina e Francia; Marta Montilla, do Instituto Geográfico Nacional, que falará sobre recursos xeográficos e dixitais do Camiño; Carlos Baliñas, tratará os usos sociais dos sobrenomes na Galicia altomedieval e a posible influencia no Camiño; José Carlos Sánchez Pardo, abordará a relación entre os topónimos e o estudo histórico da paisaxe ao redor das rúas xacobeas en Galicia; e Irene GarcÃa Losquiño, quen ofrecerá unha ollada á pegada da migración viquinga na paisaxe arqueolóxica e na toponimia.
A inscrición ao congreso é gratuÃta e está aberta a todas as persoas interesadas.