Lousame propón ó cura de Fruíme para o Día das Letras Galegas do 2002

Letras no 2002

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Neste ano que acabamos de comezar, o concello de Lousame xa propón un candidato para o vindeiro 2002: o ilustrado Zernadas y Castro. Unha proposta que se suma ás dúas que xa existen. Zernadas, tamén chamado cura de fruíme, é unha figura representativa da figura literaria da Galicia do Século XVIII.

O cura de Fruime

O concello de Lousame fixo público o venres o seu cometido de propoñer ó ilustrado Zernadas y Castro, o cura de Fruíme, como candidato a recibir o recoñecemento no día das Letras Galegas do vindeiro ano. Unha candidatura que non resulta arbitraria, debido á personalidade e ó curriculum do coñecido como o cura de Fruime. En marzo do 2002 cumpliranse tres séculos do seu nacemento, polo que segundo a corporación lusamiana sería a mellor data para a celebración deste recoñecemento. Zernadas (1732-1777) é unha das figuras literarias máis notables da Galicia literaria do S.XVIII.


Candidaturas do 2002


De momento, na Real Academia Galega só existen, xunto á candidatura do cura de Fruíme, outras dúas propostas para conmemorar o 17 de maio do ano que vén. Unha conmemoración que xordeu por iniciativa do académico Francisco Fernández del Riego, na súa pescuda por atopar unha data con fonda significación no mundo literario galego: o día 17 de maio de 1863, Rosalía de Castro asinoulle a dedicatoria a Fernán Caballero do seu libro Cantares Gallegos. Coa aprobación da Academia Galega, presidida por entón por Sebastián Martínez Risco, aceptouse a proposta e desde o ano 1963 quedou instituído o Día das Letras Galegas.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Enredados con RVB

Enredados con RVB

A rede volcase en descubrir a Roberto Vidal Bolaño a propósito do Día das Letras

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lousame, Día das Letras Galegas, Fernán Caballero, Rosalía de Castro...