Arrincan novos proxectos de investigación e posta en valor de castros

Trátase dos castros da Cabeciña (Oia) e Cerqueda (Malpica)

16/2/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Machado localizado na Cabeciña. Foto: Deputación de Pontevedra

Dous novos proxectos de investigación e posta en valor de sitios arqueolóxicos arrincaron nestes días. Na parroquia de Mougás (Oia), a Deputación de Pontevedra está a financiar a escavación do castro da Cabeciña, un interesante complexo arqueolóxico ubicado ao carón dun importante panel de petróglifos. As escavacións, recén iniciadas, xa permitiron extraer un machado de bronce empregado, segundo o arqueólogo da Deputación de Pontevedra Rafael Rodríguez, cun uso "premonetal". "Debido ao seu alto contido en chumbo non debeu ser usado como machado". Pola súa banda, o concello de Malpica e os veciños de Cerqueda comezaron a preparar a posta en valor do castro de Cerqueda coa gravación dun vídeo nos principais recursos culturais da parroquia, para convidar aos visitantes a coñecer o castro que proximamente será obxecto de limpeza.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

19/01/2021

No laboratorio do arqueólogo

Carlos Otero explícanos como usa a tecnoloxía para saber o que agocha o castro de Cerqueda sen escavalo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Oia, Malpica, Deputación de Pontevedra, Pontevedra...

Claves

Conceptos