A Croa de Posmarcos incorpórase ao patrimonio público

O concello da Pobra do Caramiñal adquiriu o xacemento arqueolóxico

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Vista aérea da Croa de Posmarcos.

Vista aérea da Croa de Posmarcos.

O alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal Suárez, anunciou o sábado pasado na inauguración das xornadas "A Pobra do Caramiñal no tempo" a finalización do proceso de adquisición de A Croa de Posmarcos, un dos dous castros catalogados no termo municipal. A Croa de Posmarcos atópase na parroquia de Santo Isidro de Posmarcos, dominando un pequeno pero fértil val agrario interior aos pés da serra do Barbanza. Trátase dun castro pequeno: a croa, o espazo intramuros do interior, ten unha superficie de 3300 metros cadrados e as estruturas visibles no xacemento apenas chegan á hectárea. O castro defínese por un único recinto encravado no alto dun outeiro e protexido por un parapeto circular, que cara o oeste parece ter estruturas monumentais adicionais. José Carlos Vidal anunciou tamén o inicio das intervencións científicas no xacemento para o ano 2025, cunha primeira campaña na que se explorará o xacemento con técnicas xeofísicas, que permitirán ter unha primeira idea do castro e formular posteriores actuacións tanto desde o punto de vista da posta en valor cultural e turística coma do interese científico. O castro reúne tamén a peculiaridade de atoparse no territorio no que se conservou, no nome da parroquia de San Isidro de Posmarcos, o nome do pobo que habitou este espazo na Idade do Ferro: os Celticos Praestamaricos, transmitido entre outros autores polo xeógrafo romano Plinio o Vello.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O castro menos castro

O castro menos castro

A nova intervención en Penas do Castelo desvela unha estrutura inédita na Idade do Ferro galega

Pedras que saben gardar silencio

Pedras que saben gardar silencio

Remata a intervención arqueolóxica na Corte do Santo (A Pobra do Caramiñal) amosando un espazo complexo e esquivo na información

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello da Pobra do Caramiñal, Idade do Ferro, Barbanza, Arqueoloxía