Quiosco: Fol de Veleno 12

O viño, a etnobotánica ou os ciclos anuais protagonizan algúns dos artigos do anuario da Sociedade Antropolóxica Galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Quiosco: Fol de Veleno 12

A Sociedade Antropolóxica Galega ten xa nas librarías a entrega número 12 de Fol de Veleno. O Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza conta nesta ocasión con artigos que atenden desde á cultura do viño no Morrazo, da man de Rafael Quintía e ao ciclo desde a sementeira á colleita, analizado por José Antonio Gavilanes, ata propostas sobre os ídolos placa da idade do cobre, nun artigo que asina Jorge M. Sobota.

A oración e os libros na inquisición, vistos por Felix F. Castro, as afinidades culturais entre Galicia e Irlanda revisadas por Buenaventura Aparicio, os ritos de invernía na montaña de Trevinca, na análise de Carlos Xabier Ares, ou unha breve historia do papel da man de Eulogio Rosales son algúns dos contidos que tamén aparecen nesta nova entrega.

A revista presentouse no marco das VIII Xornadas de Antropoloxía de Galicia, que se celebraron entre os pasados 13 e 15 de novembro en Pontevedra.

Que che parece esta nova?
128 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Fol de Veleno 10

Quiosco: Fol de Veleno 10

A Sociedade Antropolóxica Galega presenta a entrega do seu anuario correspondente a 2021

Quiosco: Fol de Veleno 7

Quiosco: Fol de Veleno 7

A Sociedade Antropolóxica Galega presenta un novo número do seu Anuario de Antropoloxía e Historia

Quiosco: Fol de Veleno 3

Quiosco: Fol de Veleno 3

A Sociedade Antropolóxica Galega achega 16 artigos na nova entrega do seu anuario

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sociedade Antropolóxica Galega, Antropoloxía, Rafael Quintía, Morrazo...