Quiosco: Fol de Veleno nº9

Sae do prelo o anuario de 2020 da Sociedade Antropolóxica Galega

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadePatrimonioQuiosco
Compartir:
Quiosco: Fol de Veleno nº9

A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) ven de sacar á rúa o número 9 da súa publicación anual "Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza". SAGA acude á súa cita anual coa divulgación antropolóxica recuperando o deseño orixinal das súas portadas, con dez artigos e un editorial de Rafael Quintía. Neste número preséntase a contribución da antropoloxía á interpretación dos petróglifos, a mitoloxía galaica primordial, dous artigos afondan en costumes da parroquia de Samede e outro entra no patrimonio obreiro e a memoria colectiva a través do estudo do mausoleo ás vítimas da represión da folga de consumeiros na Coruña en 1901. Na publicación recóllense artigos asinados por José Luís Cardero López, Buenaventura Aparicio Casado, Xaverio Ballester, Ana Durán Penabad, Lidia Mariño Ventoso, José Antonio Gavilanes, Emilia Cagiao, Uxío Leira, daniel palleiro e Miguel Losada. SAGA ven de sacar tamén recentemente a revista dixital CANXAR, de fotografía etnográfica.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Fol de Veleno 12

Quiosco: Fol de Veleno 12

O viño, a etnobotánica ou os ciclos anuais protagonizan algúns dos artigos do anuario da Sociedade Antropolóxica Galega

Quiosco: Fol de Veleno 7

Quiosco: Fol de Veleno 7

A Sociedade Antropolóxica Galega presenta un novo número do seu Anuario de Antropoloxía e Historia

Quiosco: Fol de Veleno 3

Quiosco: Fol de Veleno 3

A Sociedade Antropolóxica Galega achega 16 artigos na nova entrega do seu anuario

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sociedade Antropolóxica Galega, Antropoloxía, Rafael Quintía, Fotografía...