Quiosco: Fol de Veleno 7

A Sociedade Antropolóxica Galega presenta un novo número do seu Anuario de Antropoloxía e Historia

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Quiosco: Fol de Veleno 7

A coincidir co San Martiño a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) presentaba a sétima entrega da súa publicación Fol de Veleno. O Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza aborda neste novo número "artigos que van dende o estudo simbólico ata a etnografía das construcións tradicionais galegas, pasando por traballos de antropoloxía da educación, de mitoloxía, de arte rupestre ou diferentes olladas ao redor de aspectos da cultura afgá ou siberiana", segundo explica a entidade no seu web.

Así, entre outros contidos atópanse no volume o artigo de Miguel Losada sobre "De martelos e deuses: achegas á mítica galega", o de Carmen Arnau titulado "El poder de atar los caballos", ou o de Duarte Fernández, arredor da súa recente tese doutoral, titulado "Construíndo os relatos de cambio nas reservas mariñas galegas". Rafael Quintía, Xosé Ramón Reigada ou Rafael Castro son outras sinaturas que se poden atopar na entrega.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Fol de Veleno 12

Quiosco: Fol de Veleno 12

O viño, a etnobotánica ou os ciclos anuais protagonizan algúns dos artigos do anuario da Sociedade Antropolóxica Galega

Quiosco: Fol de Veleno 3

Quiosco: Fol de Veleno 3

A Sociedade Antropolóxica Galega achega 16 artigos na nova entrega do seu anuario

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antropoloxía, Sociedade Antropolóxica Galega, Etnografía, San Martiño...