Quiosco: Fol de Veleno 3

A Sociedade Antropolóxica Galega achega 16 artigos na nova entrega do seu anuario

| Santiago. Redacción | Seccións: Quiosco
Compartir:
Capa de Fol de Veleno 3

Capa de Fol de Veleno 3

Fol de Veleno, o anuario da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), ten xa na rúa o seu terceiro número. A publicación medra 70 páxinas ata acadar as 200, nas que acolle 16 artigos sobre temas de etnografía e historia. Petróglifos inéditos, intervencións arqueolóxicas como a da Torre dos Mouros ou Pena Furada ou as aviformes na arte rupestre comparten espazo con textos sobre o chamanismo siberiano, o pago de enterros en Mesía, as lendas ancaresas sobre a morte ou a saudade no marco da mitoloxía europea. O volume está dispoñible en diferentes librarías ou solicitándollo directamente a SAGA, a un prezo de 10 euros.

Que che parece esta nova?
98 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Fol de Veleno 7

Quiosco: Fol de Veleno 7

A Sociedade Antropolóxica Galega presenta un novo número do seu Anuario de Antropoloxía e Historia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sociedade Antropolóxica Galega, Etnografía, Morte, Torre...