Quiosco: Fol de veleno

A Sociedade Antropolóxica Galega edita o seu anuario

| Santiago. Redacción | Seccións: Quiosco
Compartir:
Capa de Fol de Veleno 2

Capa de Fol de Veleno 2

A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) acaba de lanzar o seu anuario Fol de Veleno. Logo dun primeiro número publicado en 2010 da man do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca, a cabeceira inicia con esta entrega a súa andaina como publicación anual da SAGA. Nos contidos desta xeira atopamos análises sobre ídolos e pedrafitas en Galicia e no Noroeste Peninsular, unha compilación de métodos tradicionais para tratar espullas ou unha análise das lendas urbanas no noso país. Unha biografía de Taboada Chivite ou un artigo sobre a vertente etnográfica da arte son outros artigos que fan parte desta entrega.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Quiosco: Fol de Veleno 12

Quiosco: Fol de Veleno 12

O viño, a etnobotánica ou os ciclos anuais protagonizan algúns dos artigos do anuario da Sociedade Antropolóxica Galega

Quiosco: Fol de Veleno 7

Quiosco: Fol de Veleno 7

A Sociedade Antropolóxica Galega presenta un novo número do seu Anuario de Antropoloxía e Historia

Quiosco: Fol de Veleno 3

Quiosco: Fol de Veleno 3

A Sociedade Antropolóxica Galega achega 16 artigos na nova entrega do seu anuario

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sociedade Antropolóxica Galega