Quiosco: Saga, revista dixital de investigación número 4

A Sociedade Antropolóxica galega refunda a súa publicación de investigación

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Quiosco: Saga, revista dixital de investigación número 4

A Sociedade Antropolóxica Galega publicou na rede un novo número da súa revista dixital de investigación, Saga. No novo número, segundo o presidente da SAGA Rafael Quintía, "danse cita a antropoloxía, a lingüística, a historia e a arqueoloxía da man de case unha ducia de artigos que nos achegan, dun xeito holístico, a estes diferentes campos do coñecemento e das ciencias sociais". Entre os artigos, Carme Toba fai memoria dos velorios e da cultura da morte na Costa da Morte. A filóloga Dolores González achégase ás relacións entre a orixe dos topónimos e a mitoloxía da paisaxe e o propio Rafael Quintía estuda o santuario de Santo Estevo do Ermo (Barreiros, Lugo).

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Fol de Veleno 12

Quiosco: Fol de Veleno 12

O viño, a etnobotánica ou os ciclos anuais protagonizan algúns dos artigos do anuario da Sociedade Antropolóxica Galega

Quiosco: Fol de Veleno 7

Quiosco: Fol de Veleno 7

A Sociedade Antropolóxica Galega presenta un novo número do seu Anuario de Antropoloxía e Historia

Quiosco: Fol de Veleno 3

Quiosco: Fol de Veleno 3

A Sociedade Antropolóxica Galega achega 16 artigos na nova entrega do seu anuario

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sociedade Antropolóxica Galega, Rafael Quintía, Morte, Antropoloxía...