Quiosco: Fol de Veleno 10

A Sociedade Antropolóxica Galega presenta a entrega do seu anuario correspondente a 2021

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Quiosco: Fol de Veleno 10

Cando se cumpre unha década do seu nacemento, a Sociedade Antropolóxica Galega presenta ao público o número dez do seu anuario, correspondente a 2021. A publicación recolle artigos sobre cuestións como a reinterpretación do mito da Vella a cargo de Rafael Quintía, o patrimonio inmaterial e material de Salcedo, da man de José Victorio Moure, ou unha análise da pegada da Idade Media na historia oral da Pobra do Brollón realizada por Xurxo Ayán.

A análise dunha posible sauna galaica en Coutodá, as divindades do santuario galaico-romano de Panóias, os ritos de inverno e de Entroido de Toledo ou repasos polo Mosteiro de Trandeiras e o Castro de Cotarelo (Lalín) son outros contidos que fan parte da entrega.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Fol de Veleno 12

Quiosco: Fol de Veleno 12

O viño, a etnobotánica ou os ciclos anuais protagonizan algúns dos artigos do anuario da Sociedade Antropolóxica Galega

Quiosco: Fol de Veleno 7

Quiosco: Fol de Veleno 7

A Sociedade Antropolóxica Galega presenta un novo número do seu Anuario de Antropoloxía e Historia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sociedade Antropolóxica Galega, Rafael Quintía, Xurxo Ayán, Idade Media...