
A montaxe, coproducida entre o Centro Dramático Galego, o FIOT e as compañÃas Galeatro e Xarope Tulú , está dirixida a público familiar e presenta a historia de Berenguela, que vive nunha residencia da terceira idade e desexa volver á súa casa da aldea. Alà coñece a Aurora e a Tomás, outros anciáns cos que desenvolve a súa afección ao teatro como xeito de mudar o seu mundo, a representar a obra de Manuel MarÃa Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela.
Protagonizado por Alba Bermúdez, Atenea GarcÃa e Tone MartÃnez, o espectáculo propón unha reflexión sobre o dereito a vivir con dignidade en todas as etapas da vida, e reivindica o teatro como ferramenta de rebelión e dignificación para as persoas maiores.
As actuacións fan parte dunha xira que leva a obra á Coruña o tres de decembro, a Burela o 4, a Ribeira (12), Meira (16), Barreiros (18), Quiroga (19), Monterroso (21), Sarria (22), Melide (23), Padrón (26) e Taboada (28).





