Paula Carballeira faise co premio Xograr de Outono

O galardón concédeo o Festival de Outono de Teatro de Carballo (FIOT)

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Contacontos, actriz, directora e autora teatral… a traxectoria de Paula Carballeira é de sobras coñecida. Agora, todo ese traballo acaba de valerlle o premio Xograr de Outono que concede o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. Un galardón que recibiron con anterioridade Celso Parada, Cándido Pazó ou Dorotea Bárcena. Foi Juan Carlos Fernández Fasero, o director de Agadic, o encargado de entregarlle o galardón a Carballeira este sábado. Ademais de agradecer o premio, a acriz aproveitou para expresar a súa preocupación pola situación da escena galega.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paula Carballeira, Teatro, FIOT, Carlos Fernández...