
Alonso, que traballou en máis de cen montaxes escénicas, tanto con compañÃas independentes como co Centro Dramático Galego, sinalou que "é unha honra recibir este galardón do FIOT e agradezo o apoio das compañeiras e compañeiros que conforman un grupo que é parte da nosa historia, a historia do teatro galego", segundo recolle a organización do premio.
As anteriores persoas galardoadas con este recoñecemento, canda á Asociación Telón e Aparte, que organiza o Festival, foron responsables da escolla do premiado. O director do FIOT, Alberto Sueiro, destacou que este "é un recoñecemento xusto. A achega de Carlos Alonso ao noso teatro é incalculable". A entrega do galardón desenvolverase o vindeiro sábado 10 a partir das 20.30 horas, logo da representación de Curva España prevista no marco da actual xeira do festival, que conta cun programa reducido pola pandemia baixo a denominación FIOT en Pausa.