A FIOT honra ao seu deseñador gráfico, Alberto Gende, co Xograr de Outono

Recibe a título póstumo o galardón e protagoniza unha retrospectiva

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Alberto Gende, Xograr de Outono a título póstumo

Alberto Gende, Xograr de Outono a título póstumo

É a primeira vez que o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo dedica o seu Xograr de Outono a unha persoa que non está vencellada directamente coa profesión teatral. Neste caso, o premio deste certame homenaxea a unha persoa vencellada á organización da FIOT desde o seu inicio como foi Alberto Gende, encargado da imaxe gráfica desta cita. Gende, finado hai uns meses, recibe a título póstumo este galardón. Canda el, o concello e a Asociación Cultural Telón e Aparte, inauguraron tamén "Alberto Gende: dezanove anos de percorrido xuntos”, que recolle todas as súas achegas ao festival. Co de Gende é o segundo premio honorífico que se concede a título póstumo, xa que en 2002 recoñeceron a Roberto Vidal Bolaño, finado ese mesmo ano.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con FIOT, Roberto Vidal Bolaño, Teatro, Carballo

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares