Eduardo Rodríguez Tatán é recoñecido do Xograr de Outono

Recibirá o galardón no Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Actor, pioneiro na recuperación dos títeres en Galicia, fundador da compañía Tanxarina e promotor de propostas como o Festival de Títeres de Redondela. Eduardo Rodríguez Cunha Tatán acaba de ser recoñecido co XXIII premio Xograr de Outono que se outorga no marco do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. O xurado do galardón recoñeceu o "mérito e labor teatral como titiriteiro e actor e como dinamizador na difusión da manipulación e na creación de títeres no teatro galego" de Tatán, que recollerá o seu galardón o vindeiro mes de outubro.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, Tanxarina, Redondela...