Eduardo Cunha Tatán recibirá o premio Maruxa Villanueva

O galardón entregarase no vindeiro mes de novembro en Padrón

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

Fundador de Tanxarina Títeres e veterano da nosa escena, Eduardo R. Cunha Tatán acaba de ser galardoado co XVII Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva. O xurado, composto por Afonso Becerra, Carlos Biscainho, Comba Campoy, Inma López Silva e Roberto Pascual recoñeceu a "longa traxectoria e o maxisterio no teatro de obxectos" e mais "á construción dun teatro de títeres galego moderno". Segundo destaca resolución do xurado, "a carón de Tanxarina Títeres proxectou internacionalmente a produción galega de teatro de obxectos, con especial atención á lusofonía" e co seu traballo de base "contribuíu á creación de novos públicos para o teatro a través da Mostra Internacional de Títeres de Redondela". O premio, dotado con 1.200 euros, entregarase o vindeiro mes de novembro.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Maruxa Villanueva, Tanxarina, Padrón...