"A súa valentía na reivindicación do feminismo e na capacidade para empregar a arte e a visibilidade como actriz para causas xustas e necesarias" valéronlle á actriz Iria Pinheiro ser escolleita para recibir o XVIII Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva. O xurado do galardón, composto por Inma López Silva, Carlos Caetano Biscainho Fernándes, Afonso Becerra Arrojo, Roberto Pascual Rodríguez e Comba Campoi García, con María Cruz Taboada Álvarez como secretaria valorou "a pertinencia do espectáculo Anatomía dunha serea do proxecto berberecheira de Chévere, ante o debate social arredor da violencia obstétrica, así como un proceso de investigación que demostre o sentido comprometido do teatro documentado". Ademais, destacou que "alén diso, a súa traxectoria amoa unha versatilidade como actriz que, nunha constante reivindicación do cabaret e o teatro cómico, a presenta como unha creadora total comprometida con todas as facetas do teatro".
A galardoada recibirá un busto da actriz Maruxa Villanueva canda a un premio en metálico de 1.200 euros. O Concello de Padrón convoca anualmente este certame que recoñece o labor interpretativo de profesionais do paÃs.