Lidia Veiga gaña o Premio Maruxa Villanueva de Interpretación teatral

O xurado recoñece así o traballo da actriz na obra 'Iribarne'

| Santiago. Redacción | Seccións: Teatro
Compartir:
Lidia Veiga gaña o Premio Maruxa Villanueva de Interpretación teatral

A actriz arzuá Lidia Veiga (1997) resultou a elixida polo xurado para recibir o XXIV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, galardón outorgado polo Concello de Padrón. O xurado tomou esta decisión en recoñecemento á súa interpretación na obra 'Iribarne', da compañía ButacaZero e o CDN, un papel que xa lle valeu unha candidatura aos Premios Max á mellor interpretación feminina e unha nominación aos Premios María Casares como mellor actriz protagonista. O xurado estivo composto polo alcalde de Padrón, Anxo Arca; Inma López Silva, escritora e profesora da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia; o actor e profesor da UDC Carlos Caetano Biscainho; Alfonso Becerra, dramaturgo e profesor da ESAD; Roberto Pascual, profesor da ESAD , dramaturgo e xestor cultural; e a animadora social de Padrón, María Cruz Taboada; destacou a calidade e versatilidade interpretativa de Veiga, ademais da súa capacidade para construír personaxes con profundidade e autenticidade "mantendo como valor a lingua galega como fórmula de elaboración interpretativa e artística".

Que che parece esta nova?
100 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Padrón, Maruxa Villanueva, ESAD, Roberto Pascual...