O actor Diego Anido (Santiago de Compostela, 1976) ven de ser elixido como gañador da 23ª edición do Premio de interpretación teatral Maruxa Villanueva que outorga o Concello de Padrón. O xurado, presidido polo alcalde de Padrón, Anxo Arca, quixo recoñecer asà a dilatada traxectoria do galardoado en distintas facetas do eido teatral, asà como a súa capacidade para innovar e construÃr novas linguaxes fixándose sobre todo no seu labor de investigación, creación e interpretación na peza escénica 'O deus do pop'. Nesa obra, coa que percorreu Galicia ao longo do pasado ano, Anido desenvolveu as tarefas de escritura, dirección, escenografÃa, música, coreografÃa e interpretación, un feito que destaca o xurado do premio Maruxa Villanueva. Ademais, o galardón valora a súa dedicación tanto ao teatro de obxectos como ao teatro fÃsico ao longo da súa carreira e salienta a súa "audacia creativa" asà como o labor que vén desenvolvendo na "construción dramatúrxica dende as linguaxes hÃbridas". Diego Anido recibirá como premio 1.200 euros, un diploma acreditativo e unha figura do busto da actriz Maruxa Villanueva nun acto que terá lugar nos vindeiros meses en Padrón e que servirá como escusa para que a veciñanza da capital do Sar poida velo sobre o escenario con 'O deus do pop'.
Como lembra a declaración do premio, Diego Anido, que se fixo coñecido para o gran público grazas ao seu papel de Lorenzo na premiada pelÃcula 'As bestas', e a súa posterior participación en 'O Corno', atesoura varias décadas de traballo no mundo do teatro non só como actor senón tamén como autor. Integrante de varios grupos de teatro e colaborador do Centro Dramático Galego, asinou con 'O deus do pop' a súa quinta peza individual. O ano 2022 marcou un punto de inflexión na súa carreira ao gañar o Pemio Mestre Mateo polo seu papel en MalencolÃa, de Alfonso Zarauza. Ademais de por Anxo Arca, o xurado estivo formado polos profesores da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia Inma López Silva, Afonso Becerra e Roberto Pascual; o actor e profesor da Universidade da Coruña Carlos Caetano Biscainho Fernández; e a animadora social de Padrón, MarÃa Cruz Taboada.