Marta Pérez obtén o premio de teatro Maruxa Villanueva

O xurado valorou o seu traballo na obra Té con Kant

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A interpretación que realizou na obra Té con Kant, de Inversa Teatro, valeulle á actriz Marta Pérez facerse co XIV Premio de Teatro Maruxa Villanueva. O xurado, composto por Inma López Silva, Afonso Becerra, Carlos Biscainho e Roberto Pascual recoñeceu a "conxugación do didactismo co carácter lúdico, así como a igualdade como dereito e aspiración" no traballo da artista e da montaxe. O galardón está dotado con 1200 euros, un diploma acreditativo e un busto de bronce de Maruxa Villanueva.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Maruxa Villanueva, Teatro, Afonso Becerra, Roberto Pascual...