O FIOT de Carballo nomea a Manuel Lourenzo Xograr de Outono 2018

O recoñecemento será entregado en outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
O dramaturgo Manuel Lourenzo. Foto: Santos Díez e Eduardo Castro Bal / AELG

O dramaturgo Manuel Lourenzo. Foto: Santos Díez e Eduardo Castro Bal / AELG

O Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo (FIOT) anunciou que o dramaturgo e actor Manuel Lourenzo será o vindeiro Xograr de Outono, o recoñecemento que o festival fai a persoas do mundo da dramaturxia galega. O galardón foi concedido por "toda unha vida dedicada con paixón ao teatro, a súa prolífica e polifacética traxectoria profesional e ser unha figura trascendental no nacemento e consolidación do teatro galego", segundo os membros do xurado, que foron os anteriores xograres de outono. O galardón será entregado en outubro, durante a celebración do festival.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Manuel Lourenzo, FIOT, Carballo

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares