Dorotea Bárcena acada o Xograr de Outono do Festival de Outono de Teatro

A entrega de premio terá lugar a vindeira semana no marco do festival

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Celso Parada, Artur Trillo, Vitor Mosqueira, Quico Cadaval e, desde onte, Dorotea Bárcena. Este é o listado de personalidades do mundo do teatro que foron galardoados co Xograr de Outono 2008 que concede o Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo (FIOT). A Asociación Cultural Telón e Aparte, xunto cos anteriores galardoados, decidiron concederlle este premio a Dorotea Bárcena pola súa traxectoria profesionial e o seu papel no desenvolvemento do teatro en Galicia. Bárcena (Oviedo, 1944) ten unha dilatada traxectoria no mundo do cine e da televisión e, entre os seus méritos destaca ser membro, con Xulio Lago, do grupo Esperpento Teatro Xove, un dos máis activos do incipiente teatro independente galego.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Artur Trillo, Quico Cadaval, Cine...