O Festival do Teatro Galego do Carballiño, FETEGA, clausurou a que foi a súa 33ª edición facendo público e entregando o seu Premio de Honra "Dorotea Bárcena". O actor e artesán dos monicreques Eduardo RodrÃguez Cunha "Tatán" foi o elixido este ano. O festival recoñece a ampla traxectoria do artista, con 39 anos de carreira na escena galega dun xeito versátil, tanto a través do teatro do monicreques e de obxectos como no teatro de actores. 'Tatán' (Redondela, 1954) foi membro fundador de Tanxarina Teatro en 1983. O premio, que o homenaxeado acudiu a recoller como se recolle no video, pretende ser por parte do FETEGA un recoñecemento ao teatro de monicreques en si mesmo pero tamén destacan "a versatilidade dun home que tamén se ten desenvolto coa excelencia da profesión como actor enriba dos escenarios e diante das cámaras cinematográficas". O Premio de Honra Dorotea Bárcena 2022 é o segundo premio honorÃfico pola súa traxectoria que este ano recolle Eduardo RodrÃguez Cunha "Tatán", xa que foi tamén galardoado pola MIT de Ribadavia.