O proxecto de espectáculo teatral 'Berenguela na gaiola', con dramaturxia e dirección de Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, e presentado polas compañías Galeatro e Xarope Tulú, foi o elixido gañador da 4ª edición do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, convocado pola Fundación e Casa -Museo que leva o legado do escritor e contando coa colaboración de administracións e do Centro Dramático Galego. Onte levouse a cabo o acto de entrega do galardón no Teatro Principal de Santiago. Baseada no texto de Manuel María 'Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela', a obra obtivo o favor unánime do xurado. Destacou do proxecto seleccionado a súa "proposta novidosa e sólida, que actualiza a obra orixinal mantendo o seu entretemento e compromiso" así como o feito de "tender pontes entre xeracións, defendendo valores como o protagonismo feminino, os dereitos da infancia e a atención á vellez".
O galardón inclúe unha axuda á produción de 19.000 euros, achegados conxuntamente polo Centro Dramático Galego (CDG) e a Fundación Manuel María, e garante un mínimo de 40 representacións por toda Galicia, grazas á colaboración de máis de 40 concellos e as deputacións da Coruña, Lugo e Ourense. A montaxe, que xa se presenta no proxecto pechada nos detalles, contará cun elenco integrado por Alba Bermúdez, Tone Martínez e Atenea García, acompañados por Nicolás Zamorano e Lorena Calvo na escenografía e caracterización, Xavier Bertolo no espazo sonoro e Sol Álvarez no traballo audiovisual. A obra terá a súa estrea no prazo máximo de 10 meses e estará en cartel, cando menos, ata o ano 2026.