Galaxia publica unha versión musicada de A berenguela, de Manuel María

Nani García e Miguelanxo Prado colaboran nesta revisión da obra de teatro para crianzas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Galaxia publica unha versión musicada de A berenguela, de Manuel María

"Opereta para voz narrada e cuarteto de clarinetes sobre un texto de Manuel María con música de Nani García". Así se presenta a edición que Galaxia acaba de presentar de A berenguela, obra teatral para crianzas escrita polo autor homenaxeado o vindeiro Día das Letras Galegas. O volume preséntase en formato libro-CD e acompaña o texto orixinal con ilustracións de Miguelanxo Prado. Os problemas dunha espiña de toxo coa xustiza e a autoridade serven de eixe para a obra. A narración da obra corre por conta de María Inés Cuadrado e o volume inclúe un limiar de Francisco Fernández Naval.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Nani García, Miguelanxo Prado, Teatro...