Desde hai uns anos para aquà as bandas sonoras cobraron importancia de seu dentro do proceso de explotación dun traballo audiovisual. Composicións que se pensan para acompañar a imaxe, ás veces cunha función narrativa e para comercializarse por separado. As bandas sonoras respostan á concepción do director que lle dá certas indicacións e anotacións ao compositor. Non é o caso de “De profundis”, a pelÃcula de animación que dirixirá Miguelanxo Prado, onde a música cobra case tanta importancia como as ilustracións. O seu responsable é Nani GarcÃa.
“De profundis” é unha pelÃcula de audiovisual en sentido puro. Porque é a conxunción de música por unha banda e de imaxes pola outra. E nada máis. Nesta produción non hai mostras de artificiosidade, non fan gala da ostentación técnica que hoxe anega o mundo cinematográfico. Un traballo de animación singular que ten dous nomes propios: o de Miguelanxo Prado como autor dos debuxos e o de Nani GarcÃa como compositor. Alén de ser un produto atÃpico no panorama comercial, a creación musical desta produción goza de certas particularidades que a diferencian de calquera longametraxe de animación e iso pasa tamén pola concepción e creación da banda sonora.
As singularidades
AÃnda que “De profundis” é unha longametraxe de animación, que ninguén pense vai atopar unha pelÃcula do xénero ao uso. Non ten diálogos, son unha sucesión de imaxes en dúas dimensións e conta cunha estética onde a música ten un papel moi importante. Nani GarcÃa explica que “hai algún precedente, como Petrov (refÃrese a Alexander Petrov que gañou un Óscar no 2000 con “The Old Man an the sea”) aÃnda que penso que está máis avanzada e máis evolucionada. Traballamos cun só pintor que fai os debuxos e usamos técnicas de animación moi sinxelas, que fan movementos moi leves para ter unha certa coherencia. Un feito que condiciona moito a música, porque desde o punto de vista compositivo á hora buscar variacións nas diferentes situacións”. De profundis son unha sucesión de imaxes e son que pretenden contar unha historia que se ergue coma unha homenaxe ao mar a través dun conto.
A elaboración habitual dunha banda sonora implica que o director especifique ao compositor o que quere para que o seu traballo sexa redondo; pero nesta pelÃcula o proceso é ben diferente. Nani explica que “traballamos sobre o story board, sobre a propia narración, sobre as secuencias, o que os americanos chaman “Inspiration work” que fai referencia a que as imaxes se montan sobre a música a partir das que o músico volve facer variacións e cambios. É un traballo continuado e secuencial onde imos traballando, tanto Miguelanxo coma min, de xeito paralelo”. Hai que ter en conta que “De profundis” non vai ter diálogos, polo que a música cumprirá un papel determinante nos seus 80 minutos de duración.
“Non é a música absoluta porque non é unha sonata, tampouco é a música de pelÃcula, que non ten moito sentido cando se escoita soa. Nós, explica Nani, pretendemos quedarnos cun término medio”. A medio camiño entre as composicións musicais e a tÃpica banda sonora de cine, o traballo feito por Nani GarcÃa non é un produto moi comercial. “Non é unha música prevista para vender. De feito, rexeitamos algunha proposta que habÃa de facer pistas de audio co produto audioviual”.
Despois, “unha vez que teñamos a banda sonora definitiva a partitura pásase a orquestrar, é dicir, buscar os flocos tÃmbricos e sonoros que se lle queren dar”. Para este caso Nani colabora con algúns orquestradores e, sobre todo, co director que vai dirixir a música.
A OSG, a terceira implicada
A dÃa de hoxe, “De Profundis” está en pleno proceso de creación. Miguelanxo debuxando e Nani GarcÃa compoñendo. Pero existe un elemento moi destacado da produción sen o que serÃa posible. É aquà onde entra a Orquestra Sinfónica de Galicia. “Polo tipo de proxecto, explica Nani, buscamos que todos os colaboradores fosen cómplices no traballo e no caso da interpretación máis. Sobre todo porque dada a importancia sonora non querÃamos contratar músicos para dÃas concretos, por iso a entrada da OSG era case necesaria”. É posible que a formación coruñesa se converta en produtora asociada da longametraxe pero, mentres a forma da súa colaboración se concreta, xa teñen fixados un calendario e uns prazos para ir dándolle forma ao produto audiovisual.
A estrea
Ademais da propia especificidade da pelÃcula en si, diferente ao formato habitual de traballo de animación, “De profundis” encerra unha sorpresa maior. Trátase da súa estrea que terá lugar en outubro de 2006. Será entón cando se proxectará a imaxe mentres a Orquestra Sinfónica de Galicia interpreta a música en directo. Nani explica que “unha vez que teñamos a banda sonora do produto audiovisual pechado faremos adaptación para o directo no que buscaremos outro tipo de cousas, de especificidades”. O seu obxectivo é facer unha posta en directo diferente do que serÃa un formato de cine convencional con música ao vivo, coas luces acesas ou pequenos trucos de iluminación. “Tentaremos, explica Nani, achegarnos aos aspectos de surround, aÃnda que sexa directo, movendo a banda de efectos ao redor do público, envolvéndoo, creando unha atmosfera marÃtima. Hai que pensar que o mar é unha constante que queremos levar ao público, porque todo sucede no fondo ou na superficie, pero no mar”.