Lionel Rexes gaña o X Concurso Balbino de relatos

O xurado decantouse por unanimidade sobre o texto 'As donas da noite'

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaLingua
Compartir:
Lionel Rexes Foto cedida por Fundación Xosé Neira Vilas

Lionel Rexes Foto cedida por Fundación Xosé Neira Vilas

Se fai agora un par de anos (2023) Lionel Rexes (París, 1971) gañaba o VIII Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta, agora ven de facerse co galardón que leva por nome o da máis famosa personaxe de Neira Vilas. O Xº Premio Balbino de Relatos convocado por Edicións Fervenza coa colaboración dos concellos de Vila de Cruces, Boqueixón e Silleda e mais da Deputación de Pontevedra e da Secretaría Xeral de Lingua, ademais do apoio da Fundación Neira Vilas. O xurado decidiu por unanimidade outorgar o galardón á obra titulada 'As donas da noite' presentada baixo plica e que unha vez aberta resultou ser da autoría do escritor lucense Lionel Rexes. O xurado cualifica de "prosa poderosa" o estilo literario da obra vencedora "que agradará a aquel lectorado que desexe contemplar o noso rural cunha outra ollada", explican.

O certame ten como temática principal o rural, o mar e a emigración e ten un premio de 1.500 euros á obra gañadora e a súa publicación en Edicións Fervenza. Segundo consta na acta, o xurado destacou da obra vencedora "a súa inmersión nun rural galego poliédrico no que convive o herdo espiritual de séculos coas novas realidades sociais, laborais e relacionais". No mesmo senso a acta sinala tamén "a visión dunha aldea complexa, multifacetada e arredada do bucolismo idílico doutrora, que nestas páxinas é substituído por poderosas personaxes que nos enfrontan coas problemáticas de supervivencia do noso agro, os movementos asociativos de base e a convivencia entre tradición e modernidade".

Que che parece esta nova?
141 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lionel Rexes, Xosé Neira Vilas, Fundación Neira Vilas, Premio Balbino...