José Vázquez Peinó (Lugo, 1960) resultou ser o gañador do V Concurso “Balbino” de Relatos, da Fundación Xosé Neira Vilas, e os concellos de Boqueixón, Silleda e Vila de Cruces, coa obra presentada baixo o tÃtulo Bica de Montouto e lema Un mundo que se vai. O xurado, composto por Carlos Loureiro (profesor e escritor), Xosé Manuel Lobato (profesor e escritor), RosalÃa Morlán (escritora e poeta), Armando Requeixo (profesor, escritor, investigador e crÃtico literario) apoiou por unanimidade a esta obra entre a vintena de orixinais, tanto relatos como novelas, que participaron na convocatoria. de notable calidade, que achegaron diferentes visións do rural galego, a emigración e o mar, valorando a defensa da nosa cultura como se estipula nas bases. A obra premiada conta a historia de como catro anciáns ante a inminente desaparición da súa aldea deciden unir forzas e crear unha pequena industria artesanal que do tempo que os une consiga afincar a esperanza da supervivencia da aldea. O xurado destacou nesta novela a forza telúrica dunha historia sobre o despoboamento rural e a desaparición dun mundo que esfarela e no que se moven uns personaxes cheas de matices que loitan pala supervivencia dos seus eidos e da memoria da vida que neles se garda. O autor verá publicada a obra por Edicións Fervenza, sendo ademais, beneficiario dun premio por valor de 1.500 euros.
José Vázquez Peinó, coñecido como Pepe Peinó, é profesor no IES de Alfoz Valadouro. En maio de 2020 resultou gañador do Premio Internacional de Teatro Joven da editorial Dalia de Cádiz coa obra Algo. Foi concelleiro de Cultura, Turismo, Educación e Xuventude no Concello de Alfoz desde o 2011 ata 2015. Tamén foi actor e director do grupo Teatral Raiolas de Alfoz. É autor de máis de 100 obras de teatro e ten publicado en autoedición o libro 20 obras de teatro afeccionado, tamén ten publicadas as novelas Escombros, moitos escombros (2015) e A fuxida (2018), asà como unha zarzuela O amor de Afonso Reimúndez e en castelán A solo no le gustaba su nombre.